Skip to Content

Montbéliard 2024

Un grupo de 14 das nosas alumnas e alumnos de francés de 4º da ESO realizaron estes días un intercambio de estudios co Lycée Germaine Tillion de Montbéliard, no noreste de Francia. Alí foron acollidos por familias locais cuxos fillos nos visitarán en Compostela o próximo mes de maio.

Ademais de participar nas aulas e tarefas organizadas polo centro receptor os nosos alumnos realizaron diversas actividades que lles axudan a comprender a realidade social e cultural do lugar; unha delas foi a visita ao Museo Peugeot, unha das referenciais industriais da rexión do Franco Condado. Tamén puideron visitar a cidade de Besançon, cuxa ciudadela alberga entre outros a o Museo da Resistencia e da Deportación, espazo sobre o que os alumnos teñen que traballar nas clases de francés e de historia.

A viaxe tiña reservada unha sorpresa, a coincidencia co inicio da xira das Tanxugueiras, que arrancou precisamente no Teatro de Montbéliard, concerto ao cal amablemente nos invitou o Liceo Germaine Tillion, e no que dúas das nosas alumnas se converteron en protagonistas ao ser convidadas por Aida, Olaia e Sabela a subir a bailar ao escenario. Despois puidemos falar con elas e sacarnos algunhas fotos.

Rematada a nosa viaxe, que forma parte do programa EduExchanges da Xunta de Galicia, queremos agradecer a colaboración constante das familias das nosas alumnas e alumnos, e por suposto a xenerosidade das familias anfitrioas e do centro receptor, en especial a Charlène, profesora de español que tanto nos facilitou as cousas.

Eduexchange 2024_Montbéliard de XLMRZFLE



story | by Dr. Radut