Skip to Content

O premio BREVITER bota a andar!

Estes días puidemos ver como varios medios se fixeron eco da convocatoria do II Premio BREVITER de microrrelatos. A nova apareceu en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e Xornal de Compostela, así como en Código Cero. Tamén se fixou no premio a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, e alegrounos ver que a convocatoria se pode ler no portal educativo e mais no sitio web da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude.

 

Publicación da lista de alumnado preinscrito para o Intercambio entre o IES Arcebispo Xelmírez I e o IES Ciudad de los Poetas de Madrid.

Desde a publicación na web e taboleiro de entrada do centro, ábrese un período de 3 días naturais para as reclamacións que as familias consideren pertinentes.
Como se pode apreciar na lista, o número de alumnos/as preinscritas na viaxe de intercambio co IES Ciudad de los Poetas de Madrid son 32 e só 25 poden realizar o intercambio. Por este motivo, realizaremos un sorteo público o mércores día 27 novembro no segundo recreo (de 12.25 a 12.45)
 

Frank Kafka, un home do seu tempo (e do noso)

Este ano celébrase o centenario da morte de Kafka, e nós xa podemos visitar a exposición "Franz Kafka, un home do seu tempo", que consta de 15 paneis sobre a vida e a obra deste gran clásico da literatura universal.

O material foi preparado polo Centro Checo de Madrid e posto ao dispor do instituto polo profesor David Álvarez, da EOI de Santiago de Compostela, así como pola Asociación Galega de Xermanistas.

(Aquí hai un par de fotos desta exposición: Galería "Franz Kafka, un home do seu tempo (e do noso)")

 

 

Elección dos representantes de nais, pais ou titoras/es legais do alumnado ao Consello Escolar.

De acordo coa Convocatoria do día 13 do mes en curso, o próximo día 21 de novembro, en horario de 18 a 20 horas, celebrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do IES. 
A dirección deste IES anima a todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado a que participen na votación do próximo xoves, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

As lendas en RadioClic!

O alumnado de agrupamento de ESO 1ºB e C ilustrou algunhas das lendas recollidas en Galicia Encantada: mitos, contos e lendas galegas. Parabéns a Antonio Reigosa, coordinador de contidos, polo vixésimo aniversario do sitio web!

 

Na Xornada de Bibliotecas Escolares

A profesora Sagrario Torrado, membro do equipo da biblioteca e coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüistica, e mais Daniel Baamonde, director do noso grupo de teatro Vai no Dentista, participaron na Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024, que tivo lugar o 9 de novembro. Expuxeron como encaixa o teatro na actividade da biblioteca e cales son as vantaxes que se derivan desta colaboración.

(Aquí hai un par de fotos deste acto: Galería "Na Xornada de Bibliotecas Escolares")

 

 

II Premio BREVITER de microrrelatos

Tras a boa experiencia do curso académico pasado, o instituto convoca o II Premio BREVITER de microrrelatos. As obras poden presentarse até o 1 de marzo de 2025. As bases están no arquivo anexo.

 

Modelos de solicitude de candidaturas para nais/pais/tirores para as eleccións ao Consello Escolar

Estes son os modelos de solicitude de candidaturas para nais/pais/tirores para as eleccións ao Consello Escolar. Poden cubrilos e entregalos na secretaría do centro.
Lembramos que o prazo de recepción de candidaturas remata o próximo venres 8 de novembro ás 14 h.

Curso capacitación dixital

capacitacion

Lembrando a García Lorca, poeta galego

O 25 de outubro de 1916, con só 18 anos, Federico García Lorca visitou Galiza por primeira vez. A beleza de Compostela hipnotizouno. Volveu ao noso país noutras tres ocasións, en 1932, e non só se autodefiniu como poeta galego, senón que escribiu seis poemas na nosa lingua.
Este venres, 25 de outubro, na alameda, sete alumnas e alumnos do instituto, dirixidos polo director de teatro Daniel Bahamonde, acompañados polas profesoras Olga Iglesias e Sagrario Torrado e vestidos como os actores de La Barraca, protagonizaron un acto íntimo e fermoso.
Recitaron os seis poemas en galego a carón da estatua do poeta, e tamén interpretaron unha breve escena para Goretti Sanmartín, a alcaldesa, para Miriam Louzao, a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, e para Henrique Alvarellos, o autor de Federico García Lorca en Santiago de Compostela.
Recitaron Xaquín Boquete, Ana Otero, Guadalupe Otero, Alba Recarey, Ramón Rey e Iria Toimil, mentres Lara Belo facía unha ofrenda floral aos pés da estatua.

(Aquí hai un par de fotos deste acto: Galería "Lembrando a García Lorca, poeta galego")

 

Distribuir contido


by Dr. Radut