II Concurso “Investigación e ciencia”
Os departamentos de ciencias do CPI de San Sadurniño en colaboración coa biblioteca escolar deste centro organizan o II Concurso “Investigación e ciencia”.
Participación
Poderán participar todos os alumnos e alumnas de ESO do centro.
Modalidades
Establécese unha soa modalidade de participación:
-
Informe científico sobre unha pequena investigación científica caseira.
Valorarase
A linguaxe científica empregada, a redacción axeitada ao estilo científico, a profundidade de investigación elixida, a orixinalidade da mesma e as conclusións ás que chegou o autor da investigación.
Presentación
A data límite de presentación é o 9 de novembro de 2012.
Premios
Os premios serán o seguintes:
-
Primeiro premio.
-
Segundo premio.
Xurado
O xurado estará integrado por dous profesores dos departamentos de ciencias do centro e un membro da dirección.
A participación no concurso implica a aceptación das bases anteriores