INNOVA-LAB

OH DEAR! COMPARTINDO LECTURAS COAS FAMILIAS

O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou na clase coa mestra de inglés o libro "Oh Dear!" de Rod Campbell. Con el aprenderon a pedir cousas, os nomes dos animais de granxa máis habituais na nosa zona e reflexionaron sobre que animais poñen ovos ou non así como sobre o proceso de coidado das crías por parte das aves. Tamén traballaron a pronuncia e a entoación e representaron a historia de acordo coa súa idade. Pero o que é máis importante, fixérono a partir dun conto na lingua orixinal que os achegou á ledicia de ler en calquera idioma, de achegarse ao mundo a través da literatura.

Unha vez que aprenderon a contar a historia, levaron o libro por turnos para a casa e así compartírono coas súas familias. Na portada pegouse un código QR para que poideran escoitalo tamén tal e como o facían na clase.

No arquivo adxunto pódese escoitar o ben que o fixeron ou escaneando o QR.

EXPERIMENTAMOS CO SAL PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 
A aula de 3 anos fixemos un experimento para celebrar o día da Nena e da Muller na Ciencia.  
Fomos á cociña buscar sal fina e sal grosa, e tocámola. Foi unha experiencia agradable e relaxante. 
Despois botamos auga nunha tina pequena e remexemos cun pincel. Saímos para o patio aproveitando que facía bo día e nunha cartolina negra fixemos folerpas de neve co pincel e deixamos secar mentras fomos xantar.  
Nós vimos como pintábamos e quedaba marcada a cartulina. Pero nada máis. 
A sorpresa veu, cando de volta á aula fomos ver as nosas obras de arte e vimos que as folerpas eran de cor branca. Quedamos  sorprendidos!!
Despois vimos e tocamos de novo o sal, pero xa na folerpa de neve da nosa cartolina. 
Nas próximas fotos podedes ver como o fixemos.
Gustounos moito e  vamos seguir experimentando para seguir aprendendo coa ciencia.

 

TALLER DE CREATIVIDADE COA ILUSTADORA LAURA ROMERO

O alumnado de 1 de ESO participou nun obradoiro de creatividade para expresar o seu rexeitamento a diversas inxustizas: as guerras, a discriminación da muller, o maltrato animal, as desigualdades sociais...

Distribuir contenido