INNOVA-LAB
PORTADA ROMÁNICA DA AULA MAKER
Esta é a nosa portada románica da a Aula Maker. Pareceunos un motivo excepcional: a Aula Maker forma parte da biblioteca, e as portadas románicas eran como auténticos libros de imaxes para un pobo analfabeto.
Enmarcada no proxecto sobre o Camiño de Santiago que estamos a desenvolver este curso, esta portada imita as de tantas igrexas de estilo románico que atopamos no Camiño.
O románico foi o primeiro gran estilo arquitectónico común a Europa occidental durante a Idade Media, en gran parte grazas ao Camiño de Santiago. Esta portada, inspirada sobre todo na de San Trófimo de Arlés, en Francia, presenta a Apocalipse. Está elaborada en papel de periódico con cola e auga.
Durante a realización desta portada, o alumnado voluntario dos cursos 3º a 6º de primaria e de toda secundaria, traballou a psicomotricidade fina, experimentou coas texturas, con diferentes técnicas de manualidades, aprendeu vocabulario artístico, investigou sobre iconografía relixiosa... En definitiva, o alumnado voluntario traballou a competencia lingüística, a matemática, a dixital, a competencia de aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido de iniciativa e espírito emprendedor e conciencia e expresións culturais.
Parabéns a todo o alumnado participante, e en especial ás artistas medievais de secundaria que elaboraron as complicadas figuras do tímpano con total autonomía.