EXPERIMENTAMOS CO SAL PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
A aula de 3 anos fixemos un experimento para celebrar o día da Nena e da Muller na Ciencia.
Fomos á cociña buscar sal fina e sal grosa, e tocámola. Foi unha experiencia agradable e relaxante.
Despois botamos auga nunha tina pequena e remexemos cun pincel. Saímos para o patio aproveitando que facía bo día e nunha cartolina negra fixemos folerpas de neve co pincel e deixamos secar mentras fomos xantar.
Nós vimos como pintábamos e quedaba marcada a cartulina. Pero nada máis.
A sorpresa veu, cando de volta á aula fomos ver as nosas obras de arte e vimos que as folerpas eran de cor branca. Quedamos sorprendidos!!
Despois vimos e tocamos de novo o sal, pero xa na folerpa de neve da nosa cartolina.
Nas próximas fotos podedes ver como o fixemos.
Gustounos moito e vamos seguir experimentando para seguir aprendendo coa ciencia.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
slideshow__294_20230212_vWa5lZ.mp4 | 17.79 MB |