OH DEAR! COMPARTINDO LECTURAS COAS FAMILIAS

O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou na clase coa mestra de inglés o libro "Oh Dear!" de Rod Campbell. Con el aprenderon a pedir cousas, os nomes dos animais de granxa máis habituais na nosa zona e reflexionaron sobre que animais poñen ovos ou non así como sobre o proceso de coidado das crías por parte das aves. Tamén traballaron a pronuncia e a entoación e representaron a historia de acordo coa súa idade. Pero o que é máis importante, fixérono a partir dun conto na lingua orixinal que os achegou á ledicia de ler en calquera idioma, de achegarse ao mundo a través da literatura.

Unha vez que aprenderon a contar a historia, levaron o libro por turnos para a casa e así compartírono coas súas familias. Na portada pegouse un código QR para que poideran escoitalo tamén tal e como o facían na clase.

No arquivo adxunto pódese escoitar o ben que o fixeron ou escaneando o QR.

AdjuntoTamaño
eggs.mp37.6 MB