Club de Ciencia

VIDEOCONFERENCIA DE FÍSICA DE PARTÍCULAS

O 2  de decembro de 2020 tivo lugar unha videoconferencia desde Granada. O profesor Miguel Ángel Lanzas explicou ao alumnado as partículas que forman o Universo e como o Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) traballa para detectalas. A conferencia titulouse: Cal é a natureza do noso universo? De que está feito? O CERN e a busca de respostas.

 Miguel Ángel Lanzas Quintana é licenciado en ciencias físicas e máster en métodos e técnicas avanzadas en física pola Universidade de Granada. Traballa como profesor de física e química de secundaria no IES Moraima, na súa cidade natal, Loja, na provincia de Granada. En 2017 participou no Spanish Teacher Program, un programa de formación en física de partículas para profesores, que ten lugar nas instalacións do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), en Xenebra, Suíza.

APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS. DECEMBRO

 

No mes de decembro rematamos coa primeira avaliación dos apadriñamentos. Comezamos co alumnado de 5º de Primaria, que realizaron unha práctica de detección de amidón con lugol en diferentes alimentos. O amidón é un glícido de reserva da maioría dos vexetais, pero nos animais non aparece de forma natural. Coa realización desta práctica, púidose comprobar que certos alimentos que consumimos a diario, como salchichas, salchichón, xamón cocido, mortadela, etc, posúen esta biomolécula, engadida co fin de darlles sabor doce, mellorar a súa consistencia, textura e aparencia e, en definitiva, reducir os custos. 

Para rematar, os de 6º realizaron unha extracción de ADN de tecidos vexetais, empregando chícharos. 

CONFERENCIA SOBRE ARTE, MATEMÁTICAS E 3D

Será impartida por Manuel Díaz Regueiro para 3º e 4º de ESO e público interesado. Tratará estes temas:

Revolución Dixital 3D
Calquera cousa matemática é arte?
Fibonacci
O caso das superficies desarrollables
O caso dos Poliedros
A simetría
Os fractais e os l-system
Curvas e superficies clásicas; hiperboloides como os das Pontes
Imprimir en 3D
As obras en Bridges e como as fixo. 
Shapeways
Openscad
Os Booleanos como método de diseño: Unión, intersección e diferenza
 

Robótica

 

O 29 de novembro o alumnado de 3 e 4 de ESO asistiu ao obradoiro de robótica en A Coruña. 

Distribuir contenido