Club de Ciencia

Imaxes do Sol con diferentes filtros

A fotosfera  solar ten mellor detalle e contraste  en torno aos 540 nm.  Achégase  a foto co filtro do hidróxeno, onde se aprecian detalles da fotosfera.

CLUB DE CIENCIA. CONVOCATORIA.

O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas. Neste sentido, a creación deste espazo no centro pode converterse nun escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas que aumenten o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.

Distribuir contenido