Club de Ciencia

CÉLULAS EPITELIALES

Club de Ciencia

Os alumnos/as de 6º curso de Educación Primaria observaron ao microscopio e levaron fotografías das  células do seu propio epitelio bucal.

OBSERVACIÓN DE CÉLULAS DO EPITELIO BUCAL

Todos os seres vivos, incluidas as persoas, están formados por células. As células que forman os  organismos pluricelulares son eucariotas e organizanse formando tecidos. O tecido de revestimento que cubre as cavidades do organismo chámase  epitelio. A boca está tapizada pola mucosa bucal (epitelio de revestimento) e a mostra que imos coller é do carrillo. As células que queremos observar ao microscopio son prácticamente incoloras á luz branca e temos que tinguilas con azul de metileno para poder ver o citoplasma granulado, o núcleo moi ben diferenciado e a membrana moito menos coloreada. Tamén podemos observar bacterias (células procariotas) e comparar o seu tamaño co das células eucariotas..

 

3celula1_clip_image010  Sin título-1

Células da mucosa bucal con bacterias (puntos máis escuros)

Cada alumno/alevou unha fotografía das súas células.

 

Estas son as células da mucosa bucal de Mª José García García  (X 400)

 

QUIMIOLUMINISCENCIA NO LABORATORIO

Experimento de quimioluminiscencia. 

A luminiscencia é un proceso de emisión de luz que non é motivada pola calor (luz fría). Se son os seres vivos os que emiten luz, chámase bioluminiscencia. Nalgunhas reaccións químicas tamén se produce luz e daquela falamos de quimioluminiscencia.

Os vagalumes permítennos comprender o fenómeno de bioluminiscencia. A reacción química que se produce é a oxidación da luciferina, molécula responsable da emisión de luz, a oxiluciferina. Deste modo é posible convertir a enerxía química en enerxía lumínica.

Bioluminiscencia:

 

Biolumniscencia: vagalume Bioluminiscencia: Plancton

 

Quimioluminiscencia no laboratorio:     

Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria xa estudiaron seres vivos bioluminiscentes e neste experimento comprobarán como podemos obter luz no laboratorio.

Unha das reaccións químicas  máis coñecidas é a do Luminol. O luminol cando se oxida emite luz de cor azul. Por iso é una ferramentamoi utilizada na investigación forense, xa que pode revelar, en disolución, cun oxidante, ata os restos máis ínfimos de sangue. Para que se leve a cabo esta reacción é necesario un catalizador. No caso do sangue, é o ferro da hemoglobina.

No laboratorio usaremos outro catalizador e oxidaremos o luminol con auga osixenada.

Se queremos obter luz de distintas cores, engadiremos diferentes colorantes cromóforos e conseguiremos luz verde, violeta, vermello-rosado, laranxa-rosado, verde escuro ou amarelo-verdoso.

Para poder ver a emisión de luz ten que haber escuridade.

 

 

3º ESO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA – VIAXE A RIBADEO

Visita ao Centro de Cultivos Mariños (CIMA) e itinerario pola ría en lancha de pasaxe

Centro de Cultivos Mariños.  

Este centro está orientado á investigación da acuicultura e á producción de sementes de interese para o marisqueo, un sector cun gran peso económico en Galicia.

Traballan no cultivo intensivo de varias especies de interese: ameixa (japónica, rubia, babosa e fina), navalla, longueirón e coquina.

Vixían todo o proceso de cría, desde que chegan os adultos das praias para o desove, ata a cría das larvas e a sembra. No laboratorio investigan e analizan os reprodutores e as sementes e aliméntanas a diario e estudian que comida é máis apropiada dependendo da fase de cultivo. Para este fin tamén cultivan o fitoplancton para a alimentación dos moluscos.

 Fanse traballos de investigación para coñecer en profundidade certas poboacións de moluscos e contribuir a que non desaparezan, fomentando e promovendo o seu cultivo. Unha das investigación céntrase no motivo polo que desaparece a coquina en Galicia e levan a cabo probas de cultivo e cría e de laboratorio para recuperar os bancos de coquina que están desaparecendo.

 Itinerario pola ría de Ribadeo.

 Puidemos ver a zona de cultivo de ostra e a recollida e preparación en lanchas antes da depuración.

 As   instalación exteriores do asteleiro Gondán, de Asturias, onde se están construindo dous barcos.

 E tamén o lugar onde se descargaba en barcos o mineral procedente da Pontenova.

 

CUARTO DE ESO VISITA O CACTUS

O día 20 de abril os alumnos/as de 4º ESO das materias de Física-Química e de Bioloxía-Xeoloxía visitaron o CACTUS do Campus de Lugo, e o Departamento de Xenética da Facultade de Veterinaria.

No CACTUS puideron visitar a unidade de Análise Instrumental que engloba diferentes seccións, a maioría relacionadas coa determinación de diferentes elementos químicos usando por exemplo o Espectrómetro de masas con plasma acoplado para analizar C, H, N, S en mostras moi pequenas da orde (1- 30 mg) de diferentes orixes, concretatamente estaban traballando con mostras de solos, e de leite.

Logo pasaron a Unidade de Resonancia Magnética Nuclear , donde lles explicaron un pouco a técnica, puideron visualizar no ordenador a presenza ou ausencia de materia orgánica en distintos tipos de suelos, tamén comprobaron a presenza do campo magnético preto do imán principal, concretamente ver como se orientaban as chaves e como paraban os reloxos ao seu lado.

Por último visitaron a Unidade de Microscopía Electrónica: de Transmisión (TEM) e de barrido (SEM), na de barrido as mostras estaban cubertas dunha minúscula capa de metal (ouro ou prata), grazas a isto as mostras non teñen que ser tan delgadas , a imaxe que resulta é mellor, e permite apreciar as mostras en 3 dimensións, observaron ácaros no queixo, no xamón  ….

No Departamento de Xenética da Facultade de Veterinaria, visitaron os laboratorios onde  se investiga con peixes cebra. Estes peixes son de auga doce e cálida, de pequeno tamaño e precisan unhas condicións ambientais   concretas para a súa reproducción e crecemento.

 

Os alumnos/as puideron ver o lugar de posta, os ovos sin eclosionar e tamén os peixes duns poucos días. Tamén nos explicaron como é a súa alimentación e os cuidados que precisan. Con estes peixes fanse investigacións de toxicidade, mutacións … Algúns deles son transparentes, o que facilita a observación das consecuencias de probas de toxicidade ou anomalías no crecemento.

 

 

Distribuir contenido