Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA DIALÓXICA ARTÍSTICA

O  26 de maio de 2014 terá lugar unha tertulia artística  sobre a pintura A Gioconda de Leonardo da Vinci.

A tertulia estará coordinada polo profesor Daniel Díaz Trigo.

Terá lugar na biblioteca do CPI de Castroverde a partir das 16:25 horas.

No  CPI  están expostas reproduccións da obra orixinal.

Nos arquivos adxuntos están a imaxe e un texto que pode servir de punto de partida para a tertulia.

Poden asistir todas as persoas que estean interesadas.

Texto Leonardo Aforismos

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE ANTÍGONA DE SÓFOCLES

Na tertulia realizada o 28/04/2014, cada  asistente destacou diferentes aspectos do drama de Antígona, coincidindo en que as temáticas que nel se tratan seguen vixentes vintecinco séculos despois. A rapaza valente que se enfronta ó tirano Creonte  e que dubida en aceptar a morte deu pé ó debate sobre como actuar cando nos obrigan a cumprir leis inxustas. Outros temas que xurdiron foron o poder absoluto (dictatorial), a discriminación da muller ó longo da historia, a prudencia, as diferentes actitudes de cada personaxe...
Unha das interpretacións é que Antígona representa a firmeza da conduta acompañada pola convicción do respecto ós valores fraternais e familiares e a piedade (no que se refire ó acatamento das leis divinas).

JORGE MIRA NO CPI DE CASTROVERDE

 

Jorge Mira no CPI de Castroverde

O Dr. Jorge Mira Pérez, o día 23/04/2014, estivo realizando unhas actividades de formación e divulgación científica no CPI de Castroverde.

Durante a mañá coordinou unha actividade dirixida ó alumnado de secundaria con probas de cálculo matemático e resolución de problemas similar ó programa "Verbas Van" da TVG. Este reto resultou moi divertido e motivador para o alumnado participante. Foi unha excelente forma de crear sentido na aprendizaxe do cálculo matemático e na resolución de problemas. A continuación, impartiu a conferencia "A que distancia está o ceo", na que realizou unha explicación maxistral da evolución ó longo da historia dos coñecementos sobre as distancias que nos separan doutros astros chegando ata o Big Bang e os últimos avances no estudo do comezo do universo.

Pola tarde, realizou unha sesión de formación para profesorado e voluntariado sobre mellora de determinadas competencias básicas. Nesta sesión  abordou en profundidade o método científico e os mecanismos de valoración da produción científica seguindo con tres exposicións máis sobre cálculo mental rápido, técnicas  de memorización e técnicas de lectura rápida.

Vídeo sobre o inicio do universo         Vídeo de cálculo mental rápido

Vídeo efecto Doppler                                 Vídeo caída libre

FERRAMENTAS PARA A MELLORA DALGUNHAS COMPETENCIAS BÁSICAS

23/04/2014 16:25

O 23 de abril de 2014 terá lugar unha actividade de formación impartida por D. Jorge Mira Pérez dirixida ó profesorado do CPI e ás voluntarias e voluntarios dos Grupos Interactivos, así como ás outras persoas que colaboran directamente na formación do alumnado (como o profesorado en prácticas). A actividade desenvolverase entre as 16:25 e as 18:25 horas no salón de actos do CPI.

CONFERENCIA DE JORGE MIRA: A QUE DISTANCIA ESTÁ O CEO?

23/04/2014 12:35

O 23 de abril de 2014 terán lugar unhas actividades de  divulgación científica, de resolución de problemas e cálculo matemático. Poden asistir todas as persoas interesadas.
Os horarios aproximados son os seguintes:
12:35 a 13:05- Xogo "Verbas van"
13:05 a 14:15- Conferencia  "A que distancia está o ceo?"
O Dr. Jorge Mira Pérez, á marxe do seu labor en diferentes medios de comunicación, tamén é catedrático de electromagnetismo e director do Departamento de Física aplicada da Facultade de Física da USC. Ten recibido numerosos premios pola súa traxectoria de investigación e é director do Programa ConCiencia, artellado en base a visitas de Premios Nobel a Galicia.

Distribuir contenido