FERRAMENTAS PARA A MELLORA DALGUNHAS COMPETENCIAS BÁSICAS
23/04/2014 16:25
O 23 de abril de 2014 terá lugar unha actividade de formación impartida por D. Jorge Mira Pérez dirixida ó profesorado do CPI e ás voluntarias e voluntarios dos Grupos Interactivos, así como ás outras persoas que colaboran directamente na formación do alumnado (como o profesorado en prácticas). A actividade desenvolverase entre as 16:25 e as 18:25 horas no salón de actos do CPI.
Os temas que se tratarán son os seguintes:
- O método científico e os mecanismos de valoración da produción científica.
- Cálculo mental rápido.
- Técnicas de memorización.
- Técnicas de lectura rápida.