Comunidades de Aprendizaxe

DENDE AS PARTÍCULAS SUBATÓMICAS ATA AS GRANDES MÁQUINAS: EN BUSCA DOS PROTAGONISTAS DAS NOSAS VIDAS

O CPI de Castroverde comprácese en invitar a todas aquelas persoas que o desexen a esta conferencia que estará impartida por Pablo Calderón, ex-alumno do CPI de Castroverde. Pablo Calderón ademais de estudar Enxeñería Aeroespacial  estivo un ano investigando na UAM, en concreto no Laboratorio de Óptica Non Lineal e en colaboración co CMAM no campo da fotónica e da óptica electromagnética co obxectivo de dobrar a frecuencia da luz mediante o efecto túnel cuántico. Forma parte de FuVe, que é unha asociación aeronáutica ca que compiten  en EEUU, Maryland, cun autoxiro drone, e foron os únicos representantes de Europa na competición de AUVSI.Tamén estivo estivo en "Empresarios Agrupados" traballando en investigación da enerxía nuclear (fusión nuclear) e para o ITER.

A conferencia terá lugar o 19 de decembro de 2014 a partir das 13.25 horas. Está aberta a todas aquelas persoas que, xunto co alumnado de ESO, teña interese nestes temas.

Agradecemos o esforzo altruísta e desinteresado de Pablo Calderón que vai divulgar conceptos de ciencia que van desde a física cuántica ata a a enxeñería aeroespacial.

Achegamos no seguinte enlace un enderezo que nos remite para irnos introducindo no MUNDO CUÁNTICO.

NOVAS MASCULINIDADES, ALTERNATIVAS CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

O profesor Marcos Castro Sandúa realizará unha videoconferencia onde se reflexionará e se farán propostas ós rapaces e rapazas  de ESO para previr situcións de deterioro da convivencia ou de violencia de xénero.

A conferencia está aberta a todas as familias que desexen participar, tanto de ESO como de infantil e primaria.

Terá lugar no salón de actos do CPI de Castroverde o xoves 18 de decembro de 2014 de 15.25 a 16.15 horas.

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA: O MITO DA CAVERNA DE PLATÓN

A maioría das alumnas indicaron que fora unha das obras que mellor comprenderan e que máis lles gustou e isto sorprendeunos a algúns profesores. Todos os asistentes estaban de acordo na actualidade  e plena vixencia das cuestións que se expoñían no mito. Xurdíu un interesante debate sobre a educación, modelos educativos, o esforzo ou aprender sen darse conta, as ideas, o ben,  o mundo que nos fan percibir os sentidos...

 

CONFERENCIAS DE JUAN RAMÓN VIDAL ROMANÍ

 

O profesor Juan Ramón Vidal Romaní, Catedrático de Xeodinámica Externa da Universidade de A Coruña e  Director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, realizou dúas conferencias no CPI de Castroverde. A primeira  estivo dirixida ós nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria e a segunda ó alumnado de Educación Secundaria. O profesor Vidal Romaní fixo un percorrido cronolóxico da evolución xeolóxica do noso planeta. Comentou infinidade de temas como a como a orixe dos elementos que forman os minerais, os tipos e orixe dos meteoritos, a formación do núcleo externo, tipos de rochas...

O CPI de Castroverde agradece o esforzo altruísta do Dr. Vidal Romaní que ademais donou un precioso libro para a nosa biblioteca escolar e unhas rochas  de composición típica da codia, manto e núcleo terrestres.

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA: O MITO DA CAVERNA DE PLATÓN

 

O xoves, 27 de novembro de 2014, ás 16.25 horas, na biblioteca escolar do CPI de Castroverde terá lugar unha Tertulia Literaria Dialóxica sobre  "O mito da caverna" de Platón. Pode asistir calquera persoa que estea interesada. Todas e todos poden solicitar o texto no centro educativo.

Platón describiu na súa alegoría da caverna un espazo cavernoso no cal se encontran un grupo de homes, prisioneiros desde o seu nacemento por cadeas que suxeitan o pescozo e as pernas, de forma que unicamente poden mirar cara á parede do fondo da caverna, sen poder nunca xirar a cabeza. Xusto atrás deles, hai un muro cun corredor e, seguidamente e por orde de proximidade respecto dos homes, unha fogueira e a entrada da cova que dá ao exterior. Polo corredor do muro circulan homes levando todo tipo de obxectos cuxas sombras, grazas á iluminación da fogueira, proxéctanse na parede que os prisioneiros poden ver.

Estes homes encadeados consideran como verdade as sombras dos obxectos. Debido ás circunstancias da súa prisión áchanse condenados a tomar unicamente por certas todas e cada unha das sombras proxectadas xa que non poden coñecer nada do que acontece ás súas costas.

Vídeo      Web co texto en galego e castelán

Distribuir contenido