Comunidades de Aprendizaxe

CONFERENCIA DE XENÉTICA

 

CHARLA DE JEANNETTE MARTÍNEZ VAL

Esta investigadora da USC está realizando a tese de doutoramento no Departamento de Xenética da Faculatde de Veterinaria de Lugo. A conferencia terá lugar o mércores 24 de febreiro ás 12.40 e tratará sobre o presente e futuro da xenética. Tamén explicará os temas nos que se centran as súas investigacións.

Asistirá o alumnado de 3º e 4º de ESO e pode  asistir  calquera persoa que estea interesada.

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE "EL LAZARILLO DE TORMES"

O  25 de xaneiro de 2015 realizouse a Tertulia Literaria Dialóxica sobre  a obra El Lazarillo de Tormes que leron alumnos e alumnas de primaria e secundaria. O alumnado de primaria empregou unha adaptación da obra e o de secundaria leu a obra orixinal. 

Algunhas das reflexións que os participantes fixeron na Tertulia trataron sobre a picaresca nos tempos da obra e na actualidade, sobre a evolución da lingua e das construccións que se empregaban na época e sobre as reflexións  de utilidade que se poden extraer para a sociedade actual.  

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE AS FÁBULAS DE ESOPO

O 3  de decembro de 2015 tivo lugar a Tertulia Literaria Dialóxica sobre as Fábulas de Esopo. Ademais de esta Tertulia, Cristina González Grandas, xefa do Departamento de Lingua Castelá, coordinou traballos realizados polas titoras nas diferentes etapas educativas sobre ESOPO. Os alumnos de primaria realizaron numerosos debuxos e carteis sobre as fábulas. Tamén se realizaron Tertulias de alumnos na biblioteca escolar. As fábulas seguen sendo interesantes e divertidas para os nenos e nenas de hoxe en día. Un tema que sorprendeu tanto a alumnado como o profesorado foi comprobar como tantos contos e produccións ó longo da historia tiveron a súa orixe nos realtos de ESOPO e tamém como pode ser posible que reflexións feitas fai 2500 anos nos poidan facer pensar e ser de utilidade na actualidade.

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE AS FÁBULAS DE ESOPO

O xoves 3 de decembro de 2015, na biblioteca escolar do CPI de Castroverde, terá lugar unha Tertulia Literaria Dialóxica sobre as Fábulas de Esopo.

Esopo foi un gran fabulista grego que naceu aproximadamente no ano 600 a. C. e que é autor de fábulas moi coñecidas. Resulta interesante comprobar cantos autores se inspiraron ó longo da historia nos seus relatos e como os temas que trata inda que pasaran máis de 2500 anos son unha excelente base para a reflexión e o diálogo sobre as súas ensinanzas.

Os textos están no CPI a disposición de calquera persoa que desexe participar.

A Tertulia estará coordinada pola xefa do departamento de lingua castelá, Cristina González Grandas, que preparou o texto que está a disposición de calquera persoa no centro educativo. Agradecemos a Cristina tamén unha ampla seleción de sitios de Internet que ilustran as fábulas de ESOPO e poden ser de utilidade, especialmente cos nenos e nenas máis pequenos. Esta selección achégase no seguinte DOCUMENTO

Animamos a todas e todos a participar na Tertulia que terá lugar a partir das 16.25 horas.

APADRIÑAMENTOS LECTORES: CURSO 2015/16

No seguinte vídeo, elaborado pola profesora Milagros Candal, pódese observar a actividade dos  alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria: cos nenos e nenas de 4º de Educación infantil


Un curso máis iniciamos xa este proxecto que pretende mellorar as relacións entre alumnos de diferentes niveis de primaria e Educación Infantil, á vez que fomenta a lectura e tódalas competencias relacionadas coa mesma.

Esperamos que, como en cursos anteriores, siga a ser un éxito.

Distribuir contenido