Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA DIALÓXICA MUSICAL

O 20 de decembro de 2016 realizouse unha TDM (Tertulia Dialóxica Musical) no CPI de Castroverde coodinada polo profesor Cándido José Díaz Muela que ademais interpretou as obras en directo coa frauta traveseira. Tamén puidemos disfrutar da actuación da alumna do CPI, Natalia Silva Fernández que tocou o violonchelo.

As obras  das que tratou a TDM foron as seguintes:

Mangas Verdes/ Greensleeves.
Variacions para frauta doce soprano sobre ó tema de Greensleeves.

Ennio Morricone.
Gabriel´s Oboe
Banda sonora de la película: La Misión.
https://youtu.be/zL7CDcVQjbM.

J. S. Bach
Sonata para frauta e clave en Do Mayor BWV 1033
Andante/Presto
Allegro
Adagio
Minueto 1 y 2.
La Badinerie de la Suite Orquestal Nº2 de Bach para flauta y cuerdas, BWV 1067,
As obras foron interpretadas en directo ca frauta polo profesor de Música, Cándido José Díaz Muela.

 

 

TERTULIA SOBRE O MÉTODO CIENTÍFICO

O 8 de novembro de 2016 tivo lugar unha Tertulia Científica sobre un texto do premio Nobel de Físca, Richard Feynman. A Tertulia  estivo coordinada por Jacobo Gandoy. Asistiron alumnos de educación primaria e secundaria e persoas adultas. Previamente á Tertulia proxectouse unha lección de Feyman do ano 1964 sobre o método científico. 
En pleno século XXI segue sendo necesario reflexionar sobre o coñecemento científico e valorar se as interpretacións que facemos da realidade son coñecementos científicos ou ideas máxicas, míticas ou incluso afirmacións incorrectas que se intenta facer pasar por verdades da ciencia sen selo.

TERTULIA CIENTÍFICA

O MÉTODO CIENTÍFICO  SEGUNDO RICHARD FEYNMAN

Adorar ós avións  (Adaptado da lección inaugural do curso 1975-76 en Caltech)

O día 8 de novembro de 2016 realizarase unha Tertulia Dialóxica sobre un texto do premio Nobel de Física Richard Feynman no que explica o método científico.

A Tertulia estará coordinada e moderada por Jacobo Gandoy e terá lugar a partir das 15.25 horas no salón de actos do CPI de Castroverde.

Poden asistir todas as persoas interesadas. O texto está dispoñible a continuación: TEXTO DA TERTULIA

VÍDEO 1: O método científico

VÍDEO 2: Subtitulado en portugués (ampliación do anterior)

VÍDEO·3: Calquera pode ser científico

MAQUINARIA AGRÍCOLA: SEGURIDADE VIAL E MANEXO SEGURO

O próximo venres, 27 de maio de 2016, no salón de actos do CPI de Castroverde o Dr. Martín Barrasa Rioja, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) realizará unha conferencia dirixida a todo o alumnado de educación secundaria e a todas as persoas que desexen asistir sobre seguridade vial e seguridade no manexo da maquinaria agrícola.  

O profesor Martín Barrasa é Enxeñeiro  Agrónomo e  Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Desde o CPI de Castroverde agradecemos  esta colaboración coa nosa comunidade educativa.

 

 

CONCURSO/ CONFERENCIA/FORMACIÓN CON JORGE MIRA

O día 11 de maio de 2016 terán lugar unha serie de actividades nas que contaremos co físico Jorge Mira que é catedrático de electromagnetismo na Universidade de Santiago de Compostela e un coñecido divulgador científico e presentador de varios programas de radio e televisión. Poderán asistir todas as persoas que estean interesadas en calquera das actividades. Terán lugar no salón de actos do CPI de Castroverde nas horas que se indican a continuación (horario estimado):


12:35-12:50- Os alumnos e alumnas e as persoas que o desexen faranlle preguntas sobre o seu  segundo libro de divulgación "¿A que distancia está o ceo?"
12:50-13:25- Os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO resolverán problemas de cálculo matemático e  de razoamento.
13:25-14:15- Conferencia sobre "A relatividade do tempo: teoría da relatividade de Einstein"
16:25-18:30- Formación de docentes e familiares:“Achegas a extras de formación do alumnado nun mundo tecnolóxicamente desenvolvido”
A esta actividade de formación poderán asistir todas as persoas que o desexen, xuntamente co profesorado (familias ,outras persoas da comunidade, etc.). Os temas que se tratarán son os seguintes:

  • Avances tecnolóxicos para calcular a que distancia está o ceo.
  • Busca da emoción do descubrimento científico.
  • Identificación do contexto  e do obxectivo.
  • Potencial da biblioteca como espazo para a reflexión.
  • Estratexias de captación de atención.
  • Busca de exemplos gráficos: posta en escala.
  • Casos prácticos.

Distribuir contenido