Comunidades de Aprendizaxe

TERTULIA DIALÓXICA SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO

O 20  de novembro de 2017 terá lugar unha  Tertulia Dialóxica sobre a igualdade de xénero no salón de actos do CPI de Castroverde.  Terá lugar a partir das 15:25 horas. Estará coordinada pola profesora Nanda Suárez Méndez e  asistirán todos os alumnos e alumnas de secundaria e todas as persoas da comunidade que o desexen. Preme a continuación para acceder a páxina onde podes ver o vídeo sobre o que tratará a tertulia.

O texto achégase a continuación nun documento pdf.

TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE A HISTORIA INTERMINABLE

O  20 de xuño de 2017 tivo lugar a Tertulia Literaria Dialóxica sobre A historia sen fin (ou A historia interminable) de Michael Ende. Celebrouse na biblioteca escolar do CPI de Castroverde.

 

A  primeira película tamén é coñecida por moitas persoas, a pesar da desaprobación de Michael Ende. A segunda parte do libro, desapareceu da adaptación ó cine. Na cinta só contan os doce primeros capítulos, nos que un neno, Bastián Baltasar Bux, encérrase no desván do seu colexio para ler un libro titulado A historia interminable. Na narración que conta este libro un rapaz, Atreyu, recibe da Emperatriz Infantil o encargo de buscar un salvador que neutralice a Nada, unha forza destructiva que se extende imparable polo mundo imaxinario de Fantasía. Ademais de incurrir en bastantes omisións durante estes doce primeiros capítulos, os catorce restantes —nos que Bastián, revelado como ese mismo salvador, vese dentro do mundo fabuloso e emprende  a súa propia misión para sair, casi resultando investido polo camiño como plenipotenciario rexente de Fantasía— non aparecen na película.

Na biblioteca escolar do CPI de Castroverde hai unha exposición sobre fractais, xa que pode considerarse un exemplo de literatura fractal. 

Durante a Tertulia tamén se comentaron temas relacionados co concepto de fractal desde diferentes áreas, o fractalismo e incluso as características da posmodernidade. Como complemento á Tertulia realizouse unha presentación sobre fractais.

Houbo interesantes reflexións sobre a obra, falouse das emocións, da fantasía, do problema de maltrato do protagonista, da importancia de saber saír por un mesmo da tristura.

 

No remate da tertulia todos os asistentes coincidían na importancia ter soños, de non deixar de de ter ilusións na vida e de facerse plenamente responsable do que nos ocorre a cada un. Unha fermosa historia que nos fixo reflexionar tanto a rapaces e rapazas como ás persoas adultas.

ÁNGEL CARRACEDO NO CPI DE CASTROVERDE


O 25 de maio de 2017 o gran científico Ángel Carracedo estivo no CPI de Castroverde compartindo numerosas actividades coa comunidade educativa.

Ás 10.15 horas comezou a experiencia de extracción de ADN de fresas co alumnado de educación primaria. Os nenos e nenas colaboraron ilusionados no desenvolvemento da totalidade da experiencia.

Ás 11.20 comezou a conferencia co alumnado de educación secundaria "CSI MADE IN GALICIA", na que o Dr. Ángel Carracedo explicou maxistralmente a todos os asistentes os descubrimentos máis recentes sobre o xenoma humano, a súa labor científica e investigacións. Tanto as persoas que tiñan coñecementos previos de xenética como os que non puideron seguir perfectamente a exposición pola claridade expositiva e excelente clima creado cos asistentes.

A continuación o alumnado de 4º de ESO que está realizando a actividade de  APADRIÑAMENTOS CIENTÍFICOS explicoulle ó Dr. Ángel Carracedo as experiencias prácticas de ciencias nas que titorizan a nenos e nenas de primaria.

Por último, para rematar tivo lugar a Tertulia Literaria Dialóxica titulada "Existe o TDAH?" na biblioteca escolar do CPI de Castroverde co alumnado e persoas da comunidade que quixeron asistir.
O CPI de Castroverde agradece en nome do seu alumnado, das familias e do profesorado toda a dedicación do Dr. Ángel Carracedo nas actividades que desenvolveu e que resultaron tan motivadoras para o noso alumnado. MOITAS GRAZAS!!!

 

CONFERENCIA SOBRE SEGURIDADE LABORAL, MARTÍN BARRASA RIOJA (USC)

Tivo lugar o venres 26 de maio de 9:45 a 10:35 no salón de actos do CPI de Castroverde. 

O obxectivo fundamental da conferencia foi concienciar ó auditorio da importancia da seguridade e saúde no ámbito laboral. O noso marco normativo, a Lei de Prevención de Riscos Laborais (lei PRL do ano 1995), aposta claramente por un preventivo: "previr é mellor que curar". Desde esta premisa fíxose un recorrido expoñendo datos de siniestralidade laboral en Galicia e España, por sectores de actividade, para rematar cun repaso ós principais riscos laborais.

Agradecemos ó Dr. Martín Barrasa Rioja a súa colaboración na formación do alumnado CPI de Castroverde. 

 

ANGEL CARRACEDO NO CPI DE CASTROVERDE

 CHARLA, CONFERENCIA E TERTULIA CIENTÍFICA

 

O CPI de Castroverde ten a honra de recibir ó gran científico Ángel Carracedo o día 25 de maio de 2017. Na actualidade dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS) e o Centro Nacional de Xenotipado (Universidade de Santiago), centros que colocou xunto co seu equipo na vangarda mundial da investigación xenética. Ángel Carracedo recibiu o Premio Rei Xaime I, outorgado por un xurado de premios Nobel, ou a Medalla de Ouro de Galicia; foi presidente da Sociedade Internacional de Xenética Forense e é vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal. É catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e participou en investigacións de calado internacional como o Proxecto do Xenoma Humano.

O CPI de Castroverde agradece ó profesor Ángel Carracedo o esforzo de desprazarse ata Castroverde e de realizar tantas actividades que sabemos que son contribucións excepcionais para a formación do noso alumnado.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

1- Charla e extracción de ADN con nenos e nenas de 3º a 6º de primaria. Poden asistir os familiares interesados. Terá lugar de 10.20 a 11.05 horas no salón de actos do CPI de Castroverde.

2- Conferencia "CSI made in Galicia". Celebrarase no salón de actos do CPI de Castroverde. Asistirá o alumnado de 1º, 2º,3º e 4º de ESO e todos os adultos que o desexen. Terá lugar entre as 11.15 horas e as 12.15 horas 

3-Tertulia Científica Dialóxica na biblioteca do CPI de Castroverde"Existe o TDAH?" Asistirá o alumnado de 4º de ESO e están invitados os familiares, profesorado e calquera outra persoa que estea interesada. Terá lugar a partir das 12.35 horas na biblioteca escolar do CPI de Castroverde.

MATERIAL PARA TERTULIA CIENTÍFICA

GUÍA TDAH

 

Distribuir contenido