Centro plurilingüe e auxiliar de conversa
ENGLISH,TIC, DIVERSIDADE E MULTICULTURALIDADE
O departamento de inglés adica esta semana a traballar sobre a temática de nadal.
A nosa auxiliar de conversa,Ritu Chopra deseñou un divertido kahoot donde o alumnado traballou vocabulario e tradicións do nadal na cultura anglosaxona.
Con este tipo de actividades o alumnado manexa ferramentas dixitais dun xeito divertido ó tempo que fomentan a inclusión de alumnado con NEE ou NEAE e a solidaridade e cohesión do grupo.
Seguiremos esta semana con máis actividades navideñas.Estade ó tanto!!
CREAMOS O NOSO PROPIO XOGO
O alumnado de sexto de primaria inventou as preguntas para xogar a "Snakes and Ladders" e así practicar os pronomes interrogativos. As preguntas que crearon foron de moi diferentes tipos e algunhas de certa dificultade.
1st ENGLISH-TIC PROJECT- ME AND MY PET
Un ano máis os proxectos de lingua inglesa decoran os taboleiros do noso centro.
O alumnado de 1° de ESO se nos presenta en secundaria ó empezar esta nova etapa á vez que nos amosan as súas deliciosas mascotas.
Foi un traballo moi laborioso pero que foi tomando forma con moito esforzo.Nel reforzamos vocabulario e estructuras gramaticais cada vez mais complicadas e manexamos ferramentas dixitais na creación de pósters online
Próximamente vos compartiremos outros proxectos.
HALLOWEEN PRIZES, 2023
O departamento de inglés entregou aproveitando a celebración do magosto os premios do concurso de Halloween que nesta ocasión estivo centrada no deseño de escobas de meiga.
As premiadas foron:
1° premio:Sabela Palmeiro de 1° de ESO
2° premio: Carla... de 1° de ESO
3° premio: Ceibe Gil Fdez- Coronado.
A nosa auxiliar de conversa Ritu Chopra fixo entrega dos diplomas e vales.
Aproveitamos o evento para ,dende o departamento de Plástica, deseñar rangoli no chan con luces de benvida conmemorando a festividade India de Diwali.
Fusionamos deste xeito tres culturas, a galega,a inglesa e a India nun encontro festivo de toda a comunidade educativa.
Noraboa ás gañadoras.!!
ENCONTRO DIGITAL WEEK
O alumnado de 6º participou no Encontro Digital Week que se celebrou o 7 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Alí viron novamente a algúns dos compañeiros da Digital Week que se celebrou en outubro no Centro de Inmersión Lingüística dos Peares.
Ademais asistiron á conferencia-coloquio de Deborah García Bello e Manuel Vicente. Un alumno do noso centro gañou un libro por facer a pregunta que máis lle gustou á conferenciante: "De que está feito o universo?"
Posteriormente tiveron un pequeno recreo con merenda e a continuación un taller de programación con Makey Makey que foi moi entretido.
Finalmente, no salón de actos, viron un vídeo no que os seus monitores e profesores do campamento dos Peares lles transmitiron moi bos desexos.
Pódese dicir que foi unha mañá intensa e ben aproveitada!