Centro plurilingüe e auxiliar de conversa
DYNAMIC ENGLISH
Xornada de xogos na área de lingua inglesa co 1° ciclo da ESO.
A sesión de hoxe dividiuse en dúas partes con dinámicas diferentes: Un "Running Dictation" donde exercitamos a nosa memoria, listening,speaking e writing aderezado coa rapidez e habilidade superando obstáculos nun circuito previamente colocado con 4 equipos enfrentados.
Na segunda parte da clase implementamos unha dinámica individual dentro de cada un dos 4 equipos con xogo de dados practicando as partes de gramática desta última unidade: prepositions of place.
As actividades interdisciplinares que integran a áreas como neste caso a Educación física resultan altamente estimuladoras para o alumnado ó estructuralas en equipos ademais de ser inclusivas e poder así ser disfrutadas por todos.
Deseñar e implementar actividades que impliquen a un alto espectro de alumnado con distintos niveis na súa competencia lingüística ,aportando cada un as súas fortalezas é un dos fins que debe perseguir unha auténtica educación inclusiva e si ademáis o pasamos ben e aprendemos xa é éxito asegurado.
Enjoy your English!!!
ÚLTIMOS DÍAS DE CLASE CON NOAH
Estamos achegándonos ó final dunha maravillosa etapa compartida co noso auxiliar americano Noah Forslund.
Para estes últimos días con 1° e 2° de ESO desplegou unha batería de xogos onde o alumnado traballou a súa comprensión e expresión oral.
Tres anos con Noah e volveríamos a empezar de novo porque contaxia frescura, positivismo, dinamismo e alegría para aprender inglés xogando.
Gracias Noah!
GRUPOS INTERACTIVOS EN INGLÉS DE PRIMARIA
Neste curso 22/23 retomamos o traballo en grupos interactivos nas clases de inglés de primaria de 2º a 6º de primaria. Traballamos desde xeito alomenos unha vez cada quincena e ás veces dúas, dependendo do grupo e do que se traballaba nese momento. Nestes grupos actuaron como moderadores o auxiliar de conversa, mestres de apoio, a alumna de prácticas e tamén a profe de inglés.
Procuramos sempre distribuir o alumnado de xeito heteroxéneo e que as actividades foran variadas, buscando introducir mecanismos lúdicos en algunha delas en cada sesión e un axeitado equilibrio entre lingua oral e escrita.