Centro plurilingüe e auxiliar de conversa

SHOPPING IN CLASS

Na clase de cuarto de primaria fixemos un pequeno mercado no que practicamos como mercar e vender comida nas tendas. Todos os alumnos poideron representar os papeis de vendedores e de compradores. Utilizamos produtos reais, unha lista de prezos, recibos para anotar a conta, listas de compra e pagamos con tarxeta de crédito. Non esquecemos levar a nosa propia bolsa!

 

MARCH MADNESS 2023. ENGLISH ACTIVITY ABOUT AN AMERICAN TOURNAMENT

O noso auxiliar de conversa americano Noah Forslund puxo en marcha o novo _MARCH MADNESS 2023_ conseguindo que o alumnado sentira a emoción dun torneo que marca de pleno  a vida deportiva americana nestas datas.

Fixeron as súas previsións sobre quen gañaría este torneo e mantemos a intriga final á espera dos resultados definitivos sobre o equipo gañador. 

Espéranse sorpresas para o alumnado que acerte este "tournament bracket" masculino e próximamente faremos  outro sobre o torneo feminino.

 

Cal será o premio final? Surprise,surprise!!☺️

BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?

En Educación Infantil de 5 anos estivemos traballando o libro "Brown Bear, Brown Bear, What do you see?" de Eric Carle. Escoitámosllo contar á profe de inglés, cantámolo, contámolo nós tamén, xogamos con el e preparamos un libriño para compartilo na casa coas nosas familias. Nos adxuntos atoparedes un audio coa nosa canción.

Neste link podedes acceder a materiais que usamos para este traballo. Agardamos que vos guste.

INTERNATIONAL WOMEN'S DAY 2023. ENGLISH AND ART PROJECT.

 Un ano máis conmemoramos este día cun proxecto  de colaboración  entre o departamento de inglés  de1° e 2° ESO  e o de Plástica coa colaboración  de 3° e 4°.

Comezamos cun traballo de reflexión  donde desmitificamos conceptos erróneamente admitidos na nosa sociedade tales coma o mal chamado sexo débil.Para iso dividimos as aulas en grupos mixtos de cinco persoas donde as rapazas debían analizar as súas fortalezas mentres os varóns se adentraban nos seus medos ou debilidades. A posta en común  foi impactante.Nenas que non atopaban ninguna fortaleza en sí mesmas sendo o seu grupo  quen lle axudaba a recoñecela ou nenos que con dificultade atopaban  os seus medos ocultos.Descubrimos no debate que tódalas  persoas temos en nós tanto fortalezas como debilidades e que ningunha se debe estereotipar en función  do xénero.

Posteriormente levamos a cabo un estudio social en forma  acertixo donde descubriron e reflexionaron  sobre o sexismo laboral dándose conta da cantidade de prexuicios sociais que temos tatuados no noso subconsciente e arraigados dunha maneira ata ese momento imperceptible para elas e eles.

Por último, deseñamos un tríptico  xigante que corona  o noso corredor central co lema EMBRACE EQUITY e unha reflexión  sobre a necesidade dunha sociedade con equidade,xusta e respetuosa donde o xénero non sexa unha brecha nin individual nin social.

 

A tódalas mulleres en xeral e en particular ás da nosa comunidade feliz tódolos días da muller,2023.

MY PET

En 4º de primaria estamos facendo un proxecto sobre as nosas mascotas en inglés. Con todas as aportacións elaboraremos un libro. Pero ademais cada un de nós falou ao resto dos compañeiros sobre o noso animal de compañía.

Distribuir contenido