GRUPOS INTERACTIVOS EN INGLÉS DE PRIMARIA

Neste curso 22/23 retomamos o traballo en grupos interactivos nas clases de inglés de primaria de 2º a 6º de primaria. Traballamos desde xeito alomenos unha vez cada quincena e ás veces dúas, dependendo do grupo e do que se traballaba nese momento. Nestes grupos actuaron como moderadores o auxiliar de conversa, mestres de apoio, a alumna de prácticas e tamén a profe de inglés.

Procuramos sempre distribuir o alumnado de xeito heteroxéneo e que as actividades foran variadas, buscando introducir mecanismos lúdicos en algunha delas en cada sesión e un axeitado equilibrio entre lingua oral e escrita.