Documentos de interese
REPARTO DE MÁSCARAS DO ALUMNADO
O mércores, día 09-12-2020 comezarán a repartirse as máscaras entre o alumnado de E. Primaria que ten dereito segundo a Orde do 6 de novembro de 2020.
É necesario pedir cita en Secretaría e terá que recollelas a persoa que solicitou a axuda (de material ou de máscaras) ou autorizar a outra persoa.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
A listaxe provisional de alumnado con dereito ás máscaras segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 publicarase o luns, día 30 de novembro, na Secretaría do colexio.
En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán presentar reclamación no centro educativo ata o mércores, 2 de decembro de 2020.
Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva o xoves, 3 de decembro de 2020.
Para a recollida das máscaras haberá que solicitar, telefonicamente, cita previa na Secretaría do colexio.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
A Orde do 6 de novembro de 2020, publicada no DOG do 13-11-2020, regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.
- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, NON TEN QUE PRESENTAR SOLCITUDE.
- O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Matriculado en educación especial.
- Suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Pode presentar solicitude do 16 ao 27 de novembro na Secretaría do colexio solicitando cita.
Pode descargar a solicitude premendo AQUÍ.
Pode consultar a Orde completa premendo AQUÍ.
ACTUALIZACIÓN DO PLAN DE CONTINXENCIA
Unha vez aprobada pola Inspección Educativa, publícase a Actualización do Plan de Continxencia que contén as últimas modificacións e o Plan de Ensino Virtual co "horario espello".
Para velo, prema AQUÍ.
IMPORTANTE: MODIFICACIÓN NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO ALUMNADO ACOMPAÑADO DAS FAMILIAS EN PRIMARIA
Co obxectivo de mellorar as entradas e saídas do ALUMNADO DE PRIMARIA ACOMPAÑADO DAS FAMILIAS, a partir do luns, día 14 de setembro, despois da entrada e saída do alumnado transportado nos autobuses:
A entrada e saída do alumnado de 1º realizarase polo portal máis próximo ao edificio de 1º (ao lado do instituto).
A entrada e saída do alumnado de 2º e 3º realizarase polo portal máis próximo á panadaría.
A entrada e saída do alumnado de 4º, 5º e 6º realizarase polo portal de secretaría.
Adxuntamos unha imaxe das entradas e outra das saídas.
As entradas son a partir das 08:55, pero deben acceder ao recinto con tranquilidade. Temos flexibilidade para comezar o período lectivo.
Se hai varios irmáns/ás, poderán realizar a entrada, se o desexan, polo portal polo que ten que acceder o/a máis pequeno/a e unha vez dentro do recinto, o/a maior poderá dirixirse á porta do edificio que lle corresponda.
No caso da saída, se o desexan, o/a maior pode saír polo portal que lle corresponde e, unha vez na beirarrúa (de uso exclusivo para alumnado), desprazarse con tranquilidade ata a porta pola que sae o/a seu/súa irmán/á máis pequeno/a.
PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS
O xoves, día 18-06-2020, ás 14:00 horas, publicaranse en abalarMóbil as cualificacións da 3ª avaliación en Infantil e da avaliación ordinaria en Primaria.
Seguindo as intrucións do 28 de maio de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en Primaria non se publicarán as cualificacións da 3ª avaliación
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »