Documentos de interese
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021
Para ver a relación de libros de texto para o curso 2020-2021, prema na imaxe
Ademais, nos niveis de 4º, 5º e 6º de Primaria, na área de Inglés, utilizarán os caderniños (material funxible) que pode consultar premendo AQUÍ.
LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-2021
Publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO para o curso 2020-2021.
Para que as familias non teñan que desprazarse ao centro educativo, na aplicación web admisionalumnado poden acceder ao estado da súa solicitude.
Poden consultar a lista telefonicamente ou por correo electrónico.
Se precisan consultar a lista no colexio, estará exposta no interior do edificio de Primaria, diante de Secretaría.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS DE TEXTO
O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES SERÁ DO 20 DE MAIO AO 19 DE XUÑO.
As consultas atenderanse por teléfono no número 881 880 237 ou no correo electrónico do colexio ceip.vales.villamarin@edu.xunta.es
Para realizar o trámite presencialmente, será necesario SOLICITAR CITA e atenderase individualmente.
Para ver o resumo da información, prema AQUÍ.
Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.
Se quere consultar a información da páxina web da Consellería, prema AQUÍ.
Se quere descargar o Modelo de Solicitude, prema AQUÍ.
PRAZO PARA SOLICITAR TRANSPORTE ESCOLAR
O PRAZO PARA SOLICITAR TRANSPORTE ESCOLAR SERÁ DO 20 DE MAIO AO 3 DE XUÑO.
As consultas atenderanse por teléfono no número 881 880 237 ou no correo electrónico do colexio ceip.vales.villamarin@edu.xunta.es
Para realizar o trámite presencialmente, será necesario solicitar cita e atenderase individualmente.
Para ver a información, prema AQUÍ.
MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE PRIMARIA CURSO 2019/2020
Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 publícase a Adaptación da Programación Didáctica.
Para ver o citado documento prema AQUÍ.
PUBLICACIÓN CUALIFICACIÓNS 2ª AVALIACIÓN
O venres, 03-04-2020, pola tarde, publicaranse en ABALAR as cualificacións da 2ª avaliación.
As familias poderán ver as cualificacións pola APP abalarMóbil que é totalmente gratuíta.
Para que a APP funcione, é necesario que o número de teléfono sexa o mesmo que está rexistrado no colexio en XADE, na aplicación da Consellería de Educación.
Para ver a guía en PDF sobre a aplicación abalarMóbil, prema AQUÍ
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021
Amplíase o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Polo tanto, dado o estado de alarma no que nos atopamos, pregamos que se utilice a modalidade telemática para a presentación das solicitudes.
Se alguén quere realizar a presentación presencial, debería agardar a que se reinicien as clases.
Moitas gracias pola súa colaboración!
ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA OS PRÓXIMOS DÍAS
O profesorado do CEIP Francisco Vales Villamarín está traballando na programación das actividades para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio.
A partir do luns trasladaremos a información ás familias.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »