Documentos de interese
RECOLLIDA SOLIDARIA POLA DINA EN VALENCIA
O IES Francisco Aguiar, en colaboración coa Cruz Vermella, organiza unha recollida solidaria pola DINA en Valencia, iniciativa á que nos sumamos a comunidade educativa do Ceip Vales Villamarín. Dende hoxe mércores día 20 de novembro ata o vindeiro luns 25 de novembro (incluído), tanto no colexio de Infantil como no de Primaria, recollemos LIBROS, XOGUETES E MATERIAL ESCOLAR E DIDÁCTICO para que sexa enviado a Valencia na maior brevidade posible. O alumnado pode traer a doazón ou deixarse na Secretaría do centro por parte das familias. Grazas pola colaboración.
REUNIÓNS DE FAMILIAS
Para ver o cadro de reunións de famlias previstas para o inicio do curso 2024-2025, PREMA NA IMAXE.
MOI IMPORTANTE: O día 23 de setembro de 2024, realizouse unha variación nas datas de reunións de 3º e 6º de PRIMARIA. Por favor, revise o cadro.
INFORMACIÓN EDIXGAL
Para ver información importante para as familias de 5º e 6º de primaria, PREMA NA IMAXE.
NÚMERO PREMIADO COA TABLET
O número premiado coa tablet nos actos FIN DE ETAPA de PRIMARIA é o 2739.
MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
O prazo para formalizar a matrícula do novo alumnado que se incorporará ao colexio no curso 2024-2025, será do 20 ao 30 de xuño.
1. Información sobre a matrícula.
3. Documento de lingua materna (só para 4º de infantil).
Se non se entregou coa solicitude de admisión:
5. Solicitude de transporte escolar.
6. Solicitude de transporte escolar excepcional.
Documentos de interese para as familias de alumnado de 4º de infantil:
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Convócanse, para o curso 2024-2025, axudas individualizadas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.
Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024.
>> Publicación no BOE: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2024-14197
>> Acceso á solicitude on line: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html
>> Como solicitala: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html