Circulares
ROUPA EXTRAVIADA
Antes de mandar a roupa á Cruz Vermella, facemos unha última tentativa e enviamos fotos da roupa extraviada no centro durante o mes de outubro, o alumnado non conseguiu recoñecela. Recordamos que sería convinte poñerlle o nome e o curso nas etiquetas para poder devolverlla ao seu dono/a. Se recoñecen algunha prenda poden pasar pola Secretaría do centro ou decirlle ao seu fillo/a que nola pida.
VALES DE MATERIAL
Recordamos ás persoas que lles concederon o vale de material da primeira axuda teñen que vir pola Secretaría do centro (non fai falta cita previa) a buscar o novo vale de material de 25 euros concedido pola Xunta de Galicia e que se debe gastar preferentemente antes do mes de decembro. Terá que recollelo a persoa solicitante ou persoa debidamente autorizada por ela por escrito.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Para ver a información sobre as axudas de libros e as axudas de material escolar para o curso 2017-2018, prema na imaxe.
AVISO ÁS FAMILIAS DE ALERTA LARANXA
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia.
Polo tanto, quedan suspendidas as actividades extraescolares do venres, día 3 de febrero de 2017.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
1. Anuncio sorteo designación membros da Xunta Electoral.
2. Circular sorteo Xunta Electoral.
3. Acta Sorteo Membros Xunta Electoral.
4. Convocatoria eleccións representantes familias.
5. Modelo candidatura familias.
6. Convocatoria eleccións representantes profesorado.
7. Modelo candidatura profesorado.
9. Anuncio exposición censo electoral.
10. Anuncio candidaturas.