Documentos de interese
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
A partir de hoxe, ás 18:00 horas, no taboleiro do colexio, estarán expostas as copias das actas do escrutinio das votacións para a elección dos representantes no Consello Escolar, dos distintos sectores da comunidade educativa do centro.
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Aviso do sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral.
Circular anunciando o sorteo da Xunta Electoral e explicando o proceso.
Convocatoria representantes de nais, pais ou titores/as legais do alumnado.
Convocatoria representantes do profesorado.
Convocatoria representantes de persoal de administración e servizos.
Anuncio exposición ceso de nais, pais ou titores/as legais do alumnado.
Circular con candidaturas e instrucións para a votación de nais, pais ou titores/as.
SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Betanzos, xunto cos concellos de Paderne e Oza-Cesuras, ven de poñer en marcha o servizo de atención temperá, o que permitirá que a veciñanza non teña que desprazarse á unidade de referencia que lles correspondía ata o de agora, ubicada no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera de A Coruña.
A atención temperá é un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
Pode acceder á información completa PREMENDO NA IMAXE.
MAGOSTO
Magosto popular
Sábado, 12 de novembro, ás 17:00 no matadoiro municipal de Betanzos
Organizada polo Concello de Betanzos.
Cal é o obxectivo?
O obxectivo principal dun magosto popular é celebrar a colleita da castañas como é tradición en centos de vilas de Galicia onde os veciños se reunen para asar castañas.
Que actividades se realizarán?
Xogos populares, obradoiros, e todas as relacionadas co magosto
Un equipo de monitores e monitoras asistirán aos nenos e ás nenas no desenvolvemento de todas as actividades.
Quen pode participar?
É unha actividade festiva gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.
Para participar é necesario apuntarse no seguinte formulario:
https://forms.gle/o8joDBCGTzQS9f2x9
GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE
O martes 29 de novembro comeza, un ano máis, a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde” dentro do programa de prevención no ámbito familiar “Máis que un teito” do curso 2022-2023 .
Esta actividade gratuíta se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, dende o ano 2002 sendo esta a 21.º edición.
Pode acceder á información completa, PREMENDO NA IMAXE.
AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR
Na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar establécese que as persoas que foron beneficiarias do vale para adquirir material escolar recibirán un vale adicional de 25€.
O luns xeraremos os vales e a partir do martes, día 18-10-2022, AS PERSOAS SOLICITANTES DA PRIMEIRA AXUDA ou AS AUTORIZADAS DEBIDAMENTE poden pasar pola Secretaría do colexio para recollelos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »