Documentos de interese
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
O prazo para presentar as solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño.
As consultas atenderanse por teléfono (881880237) ou por correo electrónico (ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal).
Para realizar o trámite presencialmente será necesario solicitar cita no mesmo teléfono (881880237).
Para ver o resumo de toda a información, prema AQUÍ.
Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.
Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.
Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Tipo de axuda:
Educación Infantil: Discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, Trastorno do espectro autista.
Educación Primaria: Discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, Trastorno do espectro autista, Altas Capacidades.
Prazo:
Desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.
Pode ver a información completa:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023
Publicada a LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN ADMITIDO para o curso 2022-2023.
Poden consultar a lista telefónicamente ou por correo electrónico.
Se precisan consultar a lista no colexio, estará exposta no interior do edificio de Primaria, diante de Secretaría.
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022/2023
Xa temos aberto o prazo para solicitar o transporte escolar do curso 2022/2023. É importante que lean a circular todas as familias que utilicen ou vaian a usar o transporte o próximo curso.
Para ver a información completa, prema na imaxe.
SOLICITUDES:
USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO
Estimada comunidade educativa:
Hoxe, xoves, 21 de abril de 2022, ás 14:22, a Consellería de Sanidade publicou as novas Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.
En resumo, indican que, segundo o Real Decreto 286/2022, o uso de máscaras deixa de ser obrigatorio no interior do centro educativo (tal e como informamos onte), que as persoas de seis anos en diante continúan estando obrigadas ao uso de máscaras no transporte escolar (salvo excepcións) e que se recomenda o seu uso no interior do centro educativo.
Pódese ver todo o documento accedendo ao seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/directrices_mascaras_educacion_21_04_2022.pdf
LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023
Publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN ADMITIDO para o curso 2022-2023.
Poden consultar a lista telefonicamente ou por correo electrónico.
Se precisan consultar a lista no colexio, estará exposta no interior do edificio de Primaria, diante de Secretaría.
Uso das máscaras nos espazos ao aire libre
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza do xoves, 17 de marzo de 2022, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023
Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónico ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal
Se vai realizar os trámites presencialmente, deberá solicitar unha cita no mesmo teléfono ou correo electrónico.
Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.
Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.
Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
INFORMACIÓN
Calendario procedemento de admisión
Tríptico PEC (Proxecto Educativo de Centro)
IMPRESOS
Documento de autorización de matrícula
Solicitude de transporte normal (domicilio a máis de 2 km)
Solicitude de transporte excepcional
Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo (04/03/2022)
A comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo (04/03/2022) sinala que NON se realizará identificación dos contactos estreitos e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.
Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022
Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.
Pode acceder á información completa no seguinte enlace:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »