Documentos de interese
CAMPAMENTO DE VERÁN DO CONCELLO DE BETANZOS
O Concello de Betanzos abre o prazo para solicitar o campamento de verán Betanzos Concilia 2023.
O prazo de inscrición vai estar operativo dende o luns 15 de maio ata o mércores 31 de maio. E as solicitudes deben realizarse de forma preferente na sede electrónica do Concello de Betanzos.
Pode ver a información completa premendo na imaxe e accedendo á páxina web do Concello de Betanzos.
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.
>> Acceso á solicitude: https://sede.educacion.gob.es/portada.html
ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024
Desde o vindeiro mércores día 1 ata o 20 de marzo de 2023 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónico ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal
Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.
Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.
Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
INFORMACIÓN:
Información admisión alumnado.
Calendario procedemento admisión.
Tríptico PEC (Proxecto Educativo Centro).
IMPRESOS:
Documento de autorización de matrícula.
Solicitude de transporte normal (domicilio a máis de 2 km).
Solicitude de transporte excepcional
ENTROIDO
O vindeiro VENRES, 17 DE FEBREIRO, celebraremos o ENTROIDO no parque do Pasatempo. O alumnado sairá do centro a partir das 10:30 h. e o desfile dará comezo ás 11:00 h.
Na entrada ao Pasatempo, o alumnado realizará un pequeno e breve desfile que consistirá en dar unha volta ao patio central do parque e se colocará na súa zona.
A orde de entrada será: 6º / 5º / 4º / 3º / 2º / 1º de Educación Primaria – 6º / 5º / 4º de Educación Infantil.
Ao finalizar, volverán a saír na mesma orde facendo outra vez un pequeno desfile coa música correspondente.
As familias que queiran presencialo terán que colocarse nas gradas do parque. Se non é posible por falta de movilidade poderán situarse detrás das cintas de balizaxe nos laterais do recinto.
RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE SEXTO PARA O IES FRANCISCO AGUIAR
Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022 ( DOG 11/11/22), o prazo para a RESERVA DE PRAZA para o IES FRANCISCO AGUIAR será entre o 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2023.
Para tratar este tema de Reserva de Praza e os Actos de Fin de Etapa, haberá unha reunión de familias do alumnado de 6º de Primaria o xoves, 19 de xaneiro, ás 17:00 horas, na Sala de Usos Múltiples de Primaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »