Documentos de interese

NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DA TABLET

Sorteo de Exploradores de Ondas – Exploradores de Ondas

 

 

 

O número premiado no sorteo da tablet celebrado na festa de fin de primaria foi o  6145.

A persoa que teña a rifa con ese número, pode pasar polo colexio para solicitar o premio.

DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ

 

Poden ler o Manifesto da Federación Española de Asociacións de Atención Temperá, PREMENDO NA IMAXE.

PRAZO PARA SOLICITAR COMEDOR E MAÑANCEIROS PARA O CURSO 23-24

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 22-23 | CEIP Francisco Vales  Villamarín

Hoxe, luns, dia 12 de xuño, o Concello de Betanzos abre o prazo para a renovación da praza no servizo de comedor escolar. Como o curso anterior, as persoas usuarias do servizo, teñen a praza asegurada, sempre e cando presenten a solicitude en tempo e forma.

Ao remate deste primeiro prazo,  abrirase o correspondente para a presentación das solicitudes de novo ingreso.

  • reserva de praza (alumnado que asistiu o curso anterior): do 12 ao 19 de xuño,  ambos incluidos.
  • nova solicitude (alumnado que solicita o servizo por primeira vez): de 20 ao 27 de xuño, ambos incluidos.

Pode ver a información completa PREMENDO NA IMAXE.

MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Matricula curso 2017-18

O prazo para formalizar a matrícula do novo alumnado que se incorporará ao colexio no curso 2023-2024, será do 20 ao 30 de xuño.

1. Información sobre a matrícula.

2. Solicitude de matrícula.

3. Documento de lingua materna (só para 4º de infantil).

 

Se non se entregou coa solicitude:

4. Autorización de matrícula.

5. Solicitude de transporte escolar.

6. Solicitude de transporte escolar excepcional.

 

Domuneto de interese para as familias de alumnado de 4º de infantil:

7. A entrada na escola.

8. Empeza o cole!

XORNADA DE ACOLLIDA EN PRIMARIA DE UNITARIAS E 6º INFANTIL

O venres, día 9 de xuño, realizarase unha xornada de acollida en primaria do alumnado de 6º de infantil e do alumnado das escolas unitarias.

Pode ver a programación completa PREMENDO NA IMAXE.

XORNADA DE ACOLLIDA EN PRIMARIA DE UNITARIAS E 6º INFANTIL

O venres, día 9 de xuño, realizarase unha xornada de acollida en primaria do alumnado de 6º de infantil e do alumnado das escolas unitarias.

Pode ver a programación completa PREMENDO NA IMAXE.

EXPOSICIÓN 50º ANIVERSARIO

No edificio Arquivo (Liceo), do 6 ao 28 de xuño, permanecerá aberta ao público a Exposición do 50º Aniversario do CEIP Francisco Vales Villamarín.

O horario de visitas é:

De martes a venres: de 10:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00.

Sábados: de 11:30 a 14:00 e de 19:00 a 21:00.

FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

AYUDAS ESCOLARES PARA LA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR  2021-2022 - Ayuntamiento de Loeches

 

O prazo para presentar as solicitudes será do 20 de maio ao 21 de xuño.

Para ver o resumo da información, prema AQUÍ.

Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.

Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.

BANCO DE LIBROS DA ANPA DO IES FRANCISCO AGUIAR

Esta información vai dirixida ás familias do alumnado de 6º de primaria do CEIP Vales Villamarín, que durante este curso 2022/23 foron socias da Anpa Brigantium e que para o vindeiro curso, teñen pensado seguir estudando no IES Francisco Aguiar.

A Anpa O Carregal (Anpa do IES Francisco Aguiar) xestiona un Banco de libros propio, se estades interesados en participar no mesmo para o curso 2023/24 deberedes facer o seguinte:

  • Cubrir a ficha de inscrición que atoparedes no seguinte enlace da nosa páxina web Asóciate | Anpa O Carregal (sistemas6871.wixsite.com) (é moi importante que cubrades os datos do correo electrónico e do teléfono porque será a forma de comunicarnos con vos)
  • Ter pagada a cota de socia da Anpa Brigantium do curso 2022/23.
  • Facer o pago da Anpa O Carregal para o curso 2023/24.
  • Enviar a ficha de inscrición cuberta e os 2 xustificantes de pago por correo electrónico a info@anpaocarregal.org antes do 9 de xullo do 2023.

 

Despois dese día debedes estar atentos/as porque PRONTO vos enviaremos a ficha para que solicitedes os libros que precisedes, xa que o reparto dos mesmos farase a finais de xullo.  

Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós a través do mesmo correo electrónico ou do teléfono 604 03 98 67.

PARABÉNS AO SERVIZO DE COMEDOR

791.300+ Sobresaliente Fotografías de stock, fotos e imágenes libres de  derechos - iStock

O Servizo de Comedor Escolar do CEIP Francisco Vales Villamarín  acaba de pasar unha auditoría interna cunha puntuación de sobresaliente (97,79 sobre 100) o que o sitúa na parte máis alta da clasificación en comedores escolares ( comedor azul).

PARABÉNS

Distribuir contido