BANCO DE LIBROS DA ANPA DO IES FRANCISCO AGUIAR

Esta información vai dirixida ás familias do alumnado de 6º de primaria do CEIP Vales Villamarín, que durante este curso 2022/23 foron socias da Anpa Brigantium e que para o vindeiro curso, teñen pensado seguir estudando no IES Francisco Aguiar.

A Anpa O Carregal (Anpa do IES Francisco Aguiar) xestiona un Banco de libros propio, se estades interesados en participar no mesmo para o curso 2023/24 deberedes facer o seguinte:

  • Cubrir a ficha de inscrición que atoparedes no seguinte enlace da nosa páxina web Asóciate | Anpa O Carregal (sistemas6871.wixsite.com) (é moi importante que cubrades os datos do correo electrónico e do teléfono porque será a forma de comunicarnos con vos)
  • Ter pagada a cota de socia da Anpa Brigantium do curso 2022/23.
  • Facer o pago da Anpa O Carregal para o curso 2023/24.
  • Enviar a ficha de inscrición cuberta e os 2 xustificantes de pago por correo electrónico a info@anpaocarregal.org antes do 9 de xullo do 2023.

 

Despois dese día debedes estar atentos/as porque PRONTO vos enviaremos a ficha para que solicitedes os libros que precisedes, xa que o reparto dos mesmos farase a finais de xullo.  

Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós a través do mesmo correo electrónico ou do teléfono 604 03 98 67.