Blogues
Presentación
A través deste blogue, o Departamento de Orientación do CEIP Francisco Vales Villamarín, pretenderá difundir actividades desenroladas no centro, recursos e materiais interesantes para a atención á diversidade de elaboración propia e/ou atopados na rede, orientacións para mestres e familias, difusión de novas e actividades de formación... Pretende ser medio de difusión e comunicación con mestres, alumnos e familias. Gracias por visitalo e participar activamente.
Visita do Hockey Club Cambre
Enviado por Anónimo o Xov, 07/11/2024 - 07:01Días atrás en Educación Física tivemos a sorte de contar coa colaboración de Hockey Club Cambre para que o alumnado coñeza mellor o hockey sobre patíns. Moitas grazas ao clube polo esforzo realizado e moita sorte nas súas competicións!
Celebración do Samaín de 1º de Primaria
Enviado por Anónimo o Mér, 06/11/2024 - 04:26Compartimos algunhas imaxes da decoración e disfraces polo Samaín da rapazada de 1º de Primaria. Que medo!
(clica na imaxe para ver a galería)
XXIX Festival de Galicreques
Ao longo da semana pasada, a rapazada de 1º, 2º e 3º de Primaria asistiu ao Liceo para ver diferentes representacións de monicreques. Pasárono en grande cos espetáculos das distintas compañías: 1º gozou con Diente de León da Fundación Titerefué y Titiritainas Teatro de Títeres, 2º participou en Napoleón y Josefina da compañía La Pepa del Mamoncillo e 3º disfrutou con Títeres a Cielo Abierto de Manu Mansilla.
DANZACONTOS EN INFANTIL
O 17 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil puideron gozar do danzacontos "A marabillosa viaxe da pinga Pingona" que tivo como obxectivo principal aproveitar como medio o noso corpo e o movemento para integrar a lingua dunha maneira vivencial, divertida e colaborativa. "Unha espelida pinga de chuvia chamada Pingona, fai unha parada no camiño das nubes ao mar, para axudar ao Polbo Xan, na procura de algo moi especial por mar e terra...". Así comezou esta aventura de amizade, respecto e natureza.
FOTOS LARANXIÑAS CURSO 2023/2024
AQUÍ VOS QUEDA UN RECORDO DE MOITOS DOS MOMENTOS QUE PASAMOS XUNTOS ESTE CURSO 2023/2024, AGORA TOCA DESFRUTAR DO VERÁN, BICOS A TOD@S!!
FOTOS AMARELIÑ@S- 5ºB INFANTIL CURSO 23/24
Estimadas familias!
Deixo uns arquivos con algunhas das fotos deste ano.
Foi un auténtico pracer compartir con este grupo tan riquiño.
Laura :)
P.D. para @s peques: DESFRUTADE MOITO DAS VACACIÓNS!!
Fotos amarel@s de raias curso 2023-24
1-SETEMBRO 2-OUTUBRO 3-SAMAÍN 4-MAGOSTO 5-PDI 6-TEATRO-A FRAGA 7-DÍA DA MÚSICA 8-25 DE NOVEMBRO 9-VISITA DE MARTA 10-MARCHA DE IDRISSA 11-DÍA 3 DE DECEMBRO 12-NADAL 13-CONTACONTOS CHARO PITA 14-MATES 15-DÍA DA PAZ 16-EXPOSICIÓN PAXAROS 17-VOZ NATURA 18-ENTROIDO 19-PSICOMOTRICIDADE 20-ROSALÍA 21-DÍA DA MULLER 22-CONTOS MUSICADOS 23-XUBIVALES-O COELLIÑO BRANCO 24-CONTACONTOS PRIMARIA PDI 25-GARDA CIVIL 26-DESPEDIDA GIMENA 27-XUBIVALES-O MONSTRO DE CORES 28-CONCERTO DIDÁCTICO 29-DÍA DO LIBRO 30-CARREIRA SOLIDARIA 31-DÍA DO MEDIO AMBIENTE 32-BOMBEIROS FORESTAIS 33-VARIAS 34-XUBIVALES-A DOUTORA DAS EMOCIÓNS 35-CONTOS DA AVOA DE INÉS 36-FIN DE CURSO.
MOI BO CURSO!!! PARABENS!!!