Blogues
XOGANDO CO ATLETISMO
O alumnado de 1º a 4º de Primaria gozou dunha xornada de iniciación ao atletismo da man do Programa XOGADE, da Secretaría Xeral para o Deporte. Preme na imaxe para ver o vídeo!
OS PAXAROS DO VALES
Con motivo do día da Candeloria, os nenos e as nenas do cole estiveron a investigar sobre distintos paxaros. No seu día xa vos adiantamos parte dos seus traballos, hoxe amosámosvos outra pequena parte...
CLICADE NA IMAXE!
VISITA Á CASA DOS PEIXES
Aproveitando que están a traballar os seres vivos en Ciencias Naturais, os nenos e nenas de 1º de Primaria visitaron a Casa dos Peixes na Coruña.
PREMEDE NA IMAXE!
FRAN AMIL EN CONCERTO
Organizado polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, Fran Amil presentou no cole, para a rapazada de 3º de Primaria, o seu espectáculo POPSÍA. Os nenos e nenas gozaron moitísimo coa poesía e a música.
CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA
Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desprazouse ata Coruña para gozar do espectáculo musical "La leyenda de Armonía" no Palacio da Ópera. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!
ROSALÍA DE CASTRO
O día 23 de febreiro recordamos a Rosalía na data do seu nacemento. Premede nas imaxes para ver algunhas das diferentes actividades que fixemos para conmemorar esta data. Se clicades neste enlace A GALEGA UNIVERSAL poderedes escoitar un poema, que a escritora Concha Blanco lle adica á autora, interpretado polas nenas e nenos de 3º de Primaria.
PREVENCIÓN DE INUNDACIÓNS
As nenas e os nenos de 3º de Primaria aprenderon que facer para previr inundacións, da man de Augas de Galicia. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »