Documentos de interese

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA

Vai comezar o reparto de máscaras entre o alumnado de E. Primaria que ten dereito segundo a Orde do 28 de outubro de 2021, publicada no DOG do 12-11-2021.

 

É necesario pedir cita en Secretaría e terá que recollelas a persoa que solicitou a axuda (de material ou de máscaras) ou autorizar a outra persoa.

CAMPAMENTO DE NADAL

 

O Concello de Betanzos pon en marcha o Campamento de Nadal "Betanzos Concilia".

O prazo de inscrición comeza este venres 3, e finaliza o luns 13 (ambos incluidos). 

As bases do campamento e demais información relevante estará operativa a partir do venres 3, na web municipal e na sede electrónica.

Para realizar as solicitudes de inscrición, o mecanismo é facelo a través da sede electrónica https://sede.betanzos.gal/

As persoas que acrediten que non contan cos medios técnicos necesarios, poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais no teléfono 981.77.07.07.

Pode acceder a toda a información no seguinte enlace:

https://novas.betanzos.es/o-concello-de-betanzos-pon-en-marcha-o-campamento-de-nadal-betanzos-concilia/

 

POSTO EDUCATIVO NO FOGAR

actividades en línea computadora portátil internet wifi dispositivo  conectado icono de estilo plano 2554301 Vector en Vecteezy

A medida “Posto educativo no fogar” forma parte do programa “Educa en Dixital Galicia”. Esta medida facilita un equipo informático (portátil) e un servizo de conectividade asociado proporcionado a través dun router MiFi. Según os datos TIC recollidos na enquisa, comunicarase as familias dende as titorías a posibilidade de acceder a este equipamento seguindo os seguintes criterios:

1. Non dispoñer de conectividade por fibra/adsl no fogar.

2. A orde de comunicación comenzará dende os cursos superiores cara os inferiores (O alumnado de cursos E-dixgal empregará os recursos “offline” da maqueta ABALAR, só se atenderán circunstancias excepcionais sobrevidas).

3. Nº de equipos dispoñibles no fogar.

4. Nº de irmáns no Centro

Consideracións:

O reparto realizarase en orde ata chegar a finalizar os kits dispoñibles.

A entrega realizarase mediante a formalización dun acordo temporal de cesión coa familia.

O préstamo non poderá exceder o tempo de duración do curso académico. Así mesmo, o centro tamén poderá solicitar a devolución no caso de que cambien as circunstancias que motivaron a necesidade do préstamo.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 

 A Orde do 28 de outubro de 2021, publicada no DOG do 12-11-2021, regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.

 

  • O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022, NON TEN QUE PRESENTAR SOLCITUDE.

 

  • O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Matriculado en educación especial.
  • Suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

Pode presentar solicitude do 15 ao 26 de novembro na Secretaría do colexio solicitando cita.

 

 

Pode consultar a Orde completa premendo AQUÍ.

CONCURSO CARTEIS DE NADAL

O Concello de Betanzos organiza o Concurso de Carteis do Nadal. Poden presentarse os carteis ata o día 24 de novembro. O escollido será o que ilustre o XXXIX Programa de festexos do Nadal e Aninovo do Concello de Betanzos.

 

Pode ver a información completa premendo na imaxe.

GRUPO DE NAIS E PAIS POLA SAÚDE

O próximo martes 23 de novembro comeza a 20.ª edición da actividade “Grupo de nais e pais pola saúde”.

Pode ampliar a información no seguinte enlace:

https://novas.betanzos.es/o-proximo-martes-23-de-novembro-comeza-a-20-a-edicion-da-actividade-grupo-de-nais-e-pais-pola-saude/

 

Para inscribirse en liña:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdKww8KrhnxkMb3PBINCayi-K31KlIX9AEKjnCwB5K4D7v8TA/viewform

 

Pode descargar o formulario  de inscrición para entregar en persoa no Edificio de Servizos Sociais de 9 a 14 horas ou enviando o formulario ao enderezo electrónico updca@betanzos.net

https://novas.betanzos.es/wp-content/uploads/2021/10/Grupo-de-nais-e-pais-inscricion-2021-2022.pdf

 

AXUDAS PARA A COMPRA DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

O Concello de Betanzos abre un paquete de axudas para a compra de equipos informáticos para familias afectadas economicamente pola Covid.

Para enlazar coa páxina web do Concello e ver a información, premer AQUÍ.

 

INFORMACIÓN EDIXGAL

Estimadas familias

Premendo no imaxe podedes descargar a información do proxecto E-Dixgal

agosto 2017 ~ E-DIXGAL

TRANSPORTE: RUTAS INTEGRADAS

Para ver un resumo da información sobre as RUTAS INTEGRADAS, prema AQUÍ.

Distribuir contido