Documentos de interese

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Para ver as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020, prema no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA ADMITIDO NO IES FRANCISCO AGUIAR

Xa poden consultar no colexio o listado de alumnado de 6º de Primaria admitido no IES Francisco Aguiar.

A citada consulta é necesario realizala dentro do colexio por razóns de Protección de Datos.

É importante asegurarse de que non houbo ningún erro na reserva da praza.

 

RESERVA DE PRAZA PARA O IES FRANCISCO AGUIAR NO CURSO 2020-2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

O día 1 de febreiro de 2020 inícianse o procedemento de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

CHARLA PARA FAMILIAS

Dentro do programa "Adiante co Botrato!", o venres 22 de Novembro ás 19:30 horas desenvolverase no salón de actos do CEIP Francisco Vales Villamarin , unha charla para familias sobre a prevención da violencia machista e a coeducación. A ANPA Brigantium convida a asistir á charla para aprender xuntos a educar en igualdade e previr a violencia machista.

Para máis información, poden consultar a web da ANPA

http://anpabrigantium.com/

OBRADOIRO

O Concello de Betanzos, no seu afán de apostar polas políticas de igualdade e de apoio ás familias, convídavos a participar na actividade Machismos sen Miopías, organizada pola Deputación de A Coruña, na que se tratará o tema da pornografía dende o punto de vista educativo, de cara a previr situacións e condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes.

Esta actividade enmárcase dentro da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e vai dixidida a toda a veciñanza.

 

O obradoiro terá lugar os días 19 e 26 de novembro, de 16:30 a 19:00, no Edificio de Servizos Sociais, sito na Praza do Emigrante s/n.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Premendo na imaxe, pode consultar as actividades extraescolares que se inician no próximo mes de outubro.

Algunhas actividades que estaban na proposta inicial, non poderán realizarse porque non se formou grupo.

Resultado de imaxes para actividades extraescolares

REUNIÓNS DE FAMILIAS

Resultado de imagen de REUNIÓN DE FAMILIAS

IMPORTANTE: HOUBO CAMBIOS NO CALENDARIO DE REUNIÓNS. LAMENTAMOS AS MOLESTIAS!

As reunións con familias dos diferentes niveis serán nas datas e horario que se indica no seguinte cadro.

CURSO

DATA / HORA

4º EI

22-10-2019 / 17:00

5º EI

24-9-2019 / 16:00

6º EI

1-10-2019 / 16:00

1º EP

29-10-2019 / 16:00

2º EP

15-10-2019 / 16:15

3º EP

8-10-2019 / 17:30

4º EP

15-10-2019 / 17:30

5º EP

24-9-2019 / 17:30

6º EP

1-10-2019 / 17:30

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO. CURSO 2019-2020

Extracto da Resolución do 23 de xullo de 2019, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2019-2020

Becas dirixidas a alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta e alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Para acceder ao texto completo, prema aquí.

Para máis información, prema aquí.

Prazo de solicitude: ata o 26 de setembro.

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Resultado de imagen de AXUDAS LIBROS E MATERIALNa semana do 8 ao 12 de xullo, as persoas solicitantes (ou autorizadas) poden pasar por Secretaría a recoller os vales para axuda de libros e/ou material escolar.

Distribuir contido