OBRADOIRO

O Concello de Betanzos, no seu afán de apostar polas políticas de igualdade e de apoio ás familias, convídavos a participar na actividade Machismos sen Miopías, organizada pola Deputación de A Coruña, na que se tratará o tema da pornografía dende o punto de vista educativo, de cara a previr situacións e condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes.

Esta actividade enmárcase dentro da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e vai dixidida a toda a veciñanza.

 

O obradoiro terá lugar os días 19 e 26 de novembro, de 16:30 a 19:00, no Edificio de Servizos Sociais, sito na Praza do Emigrante s/n.