Documentos de interese
NOVO NÚMERO DE TELÉFONO NO EDIFICIO DE INFANTIL
No edificio de Infantil contamos cun novo número de teléfono: 881880234
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Para ver a circular que anuncia a renovación do Consello Escolar, prema na imaxe
O vindeiro 31 de outubro, ás 13’00 horas, realizarase na sala do profesorado, o sorteo público para a designación de membros que, xunto co director, integrarán a Xunta Electoral: un profesor ou profesora, un pai, nai ou titor legal de alumno e un representante do persoal da administración e servizos, así como os suplentes dos mesmos.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Recordamos ás familias que na semana do 16 ao 20 de xullo poderanse recoller na Secretaría (en horario de 10:00 a 13:30 h) os vales de axudas de material escolar e para a adquisición de libros de texto.
PREMIO "MELLOR PROXECTO DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO"
O CEIP Francisco Vales Villamarín recibiu o Premio ao "MELLOR PROXECTO DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO" no acto de entrega que tivo lugar o martes, 12 de xuño, na sala Eisenman do Gaiás (Santiago de Compostela).
PARABÉNS PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!
PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019
O prazo de matrícula para o alumnado que solicitou a admisión para o curso 2018-2019, así como para o alumnado que decida matricularse agora, será do 20 ao 30 de xuño.
1. Información sobre a matrícula.
2. Anexo III (solicitude de matrícula).
3. Documento de lingua materna (só para 4º de infantil).
Se non se entregaron ao facer a solicitude.
5. Solicitude de transporte escolar.
SOLICITUDES FONDO DE LIBROS, AXUDAS PARA LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL
Está aberto o prazo para poder solicitar fondo de libros, axudas para libros e axudas para material escolar para o curso 2018-2019.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »