Documentos de interese
NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DA TABLET
O número premiado no sorteo celebrado na festa de fin de primaria foi o 1360.
A persoa que teña a rifa con ese número, pode pasar polo colexio para solicitar o premio.
MATRÍCULA PARA O CURSO 2016-2017
O prazo de matrícula para o curso 2016-2017 será do 20 ao 30 de xuño.
Poden descargarse os seguintes documentos:
1. Información para a matriculación do alumnado.
2. Documento oficial de matrícula (anexo III).
3. Formulario de alerta médica e documentación sanitaria.
4. Documento de consulta sobre a lingua materna.
5. Documento de autorización para a solicitude de matrícula.
6. Formulario de solicitude de transporte escolar.
DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO
Diario Oficial de Galicia, luns 16 de maio de 2016.
Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
É requisito imprescindible, para acollerse ao fondo solidario, ás axudas para a adquisición de libros e ás axudas para a adquisición de material escolar ter devolto os libros de texto en préstamo do fondo solidario ou os adquiridos coas axudas do curso 2015/16 ( Non é necesario facelo en 1º e 2º de Educación Primaria)
A devolución dos libros de texto do fondo solidario e a devolución dos libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2015/16 realizarase a semana do 13 ao 17 de xuño ao profesorado titor.
NOTA: Tamén se recollen aqueles libros que, voluntariamente, se queiran ceder ao fondo solidario.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-2017
Para ver a resolución definitiva de alumnado admitido para o curso 2016-2017 pulse aquí.
RELACIÓN PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016-2017
Para consultar a relación provisional de alumnado admitido para o curso 2016-2017 pulse aquí.
Antes do día 15 de maio sairá pubicada nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do colexio a relación definitiva de alumnado admitido.
A formalización da matrícula realizarase entre os días 20 e 30 de xuño.
CAMBIO NÚMERO DE TELÉFONO
O novo número de teléfono do colexio é o 881880237 e o novo número de fax é o 881880240.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »