Con moitas cousas que celebrar, as Letras Galegas 2015, o 40 aniversario do Colexio, a proximidade da fin de curso, preparamos e realizamos o Festival 2015.
Pasámolo moi ben coas cancións, os bailes, o teatro... E rematamos cun xantar de convivencia de toda a comunidade educativa do CEIP "San Marcos" e con xogos deportivos.
A Semana de Letras Galegas estivo chea de actividades.
Estivemos presentes nos XX Encontros de Teatro Escolar e Amateur de Bande. Alí presentamos a obra "Os Tres Curmáns".
Realizamos o festival do colexio e recordamos o 40 aniversario do centro.
Presentamos a revista do centro "Reflexo XIX", e non podía faltar a nosa homaxe ao escritor das Letras 2015, Xosé Fernando Filgueira Valverde. Xa é outro compoñente na nosa galería de ilustres escritores e escritoras.
O CEIP "San Marcos" foi o anfitrión para a presentación de traballos realizados durante o segundo trimestre do curso por alumnos e alumnas dos centros con participación activa na Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Terra de Celanova - Baixa Limia.
A mostra, coma en anteriores ocasións, é itinerante e percorrerá tódolos centros participantes.
Nunha nova ocasión recibimos a visita de Lito, quen non pode faltar a súa cita anual co obradoiro de xogos tradicionais que realiza o Centro de Cultura Popular Xoaquin Lourenzo.
Para lembrar que a Paz debémola practicar a diario, celebramos o Día da Paz 2015 elaborando e colocando un mural cunha mensaxe baseada na linguaxe das novas tecnoloxías.
Ademáis, sonaron con forza os acordes da canción "Recital á Paz".
Un curso mais, participamos no programa promovido pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense "Nunca sen almorzo", coa que nos lembran a importancia de realizar un almorzo saudable antes de iniciar a nosa actividade diaria.
Nesta edición fomos un pouco mais aló, recordando os andares da pirámide dos alimentos, a importancia da actividade física e vendo os beneficios que ten a media mañá unha merenda saudable.
Tivemos explicacións teóricas e actividades moi prácticas!