1ºFONDO SOLIDARIO (BANCO DE LIBROS)
Quen pode solicitar a axuda?
Os pais/nais/titores/as do alumnado que durante o curso 2021/2022 se matricule en
ensinanzas de Ed. PRIMARIA. Os impresos de solicitude van polos nenos/as.
Tamén están en na web do colexio. Tamén se poderá presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento habilitado para tal efecto.
2ºAXUDAS PARA ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR
Quen pode solicitar a axuda?
Os pais/nais/titores/as do alumnado que durante o curso 2021/2022 se matricule en
calquera dos cursos de PRIMARIA. O importe da axuda será de 50€ e os solicitantes non deberán sobrepasar os 6.000€ de renda per cápita (Renda do 2019).
Que documentación hai que presentar xunto coa solicitude?
-Fotocopia do Libro de Familia no que figuren todos os membros da unidade
familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a día 31 de
decembro de 2019 non coincida coa reflectida no libro, deberán presentar:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
Onde se presenta a solicitude? Prazos.
-A solicitude, unha vez cuberta e asinada polos membros da unidade familar, presentaráse na Secretaría do centro. No caso de ter dous ou máis fillos matriculados no centro presentaráse unha única solicitude incluíndo todos os alumnos.
O prazo de presentación será do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021, ámbolos
dous inclusive.