O CEIP San Marcos de Cartelle é un dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL", campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Cartelle é un dos 17 concellos integrantes do GRD11 Adercou.
Entre outras cousas, estase achegando varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.
As imxes corresponden á elaboración feita co produto achegado pola IXP Ternera Gallega, un produto dunha elevada calidade que, como veredes, fixo as delicias dos seus comensais
Outra das accións que se están a facer dentro desta campaña, é o establecemento de sinerxías con produtores galegos con certificado de calidade DOP, IXP e Ecolóxico de proximidade; axuda con ferramentas que faciliten o cálculo do gasto "escandallo"; accións formativas dirixidas a equipos de cociña, equipos directivos e estudantes; e asesoramento ao persoal de cociña sobre aprovisionamento.
#volveaComelocal #GaliciaEtiquetaCalidade #Comelocal2023 # ExperienciasDeCalidadeGalicia #CalidadeAlimentaria #GaliciaComeLocal #Axenda2030 #ODS2 #ODS4 #ODS8 #ODS11 #ODS12 @slowfoodcompostela
Álbum: COME LOCAL 2023 2024 -> DEGUSTACIÓNS