Skip to Content

Outros cursos

II Encontro da Coordinadora Comarcal ENDL Terra de Celanova - Baixa Limia

08/06/2012 00:22
Atlantic/Bermuda

 

Fantástica xornada a celebrada o 28 de maio no Centro, celebrando a II Convivencia da Coordinadora comarcal dos ENDL Terra de Celanova - Baixa Limia, coa participación dos CEIP´S "Xoaquín Lourenzo" de Bande, "Rogelio García Yañez" de Ramirás e o IES "Aquis Querquernis" de Bande, ademáis dos anfitrións do CEIP "San Marcos" de Cartelle.

Teatro, contacontos, música... E xogos populares coa colaboración do Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo"

DIA DA ÁRBORE 2011

08/04/2011 13:59
Atlantic/Bermuda

Celebramos a Día da Árbore 2011 o 22 de marzo, cunha interesante charla dos amigos da brigada de Medio Rural.

Aproveitamos tamén para recordar a técnica de cómo plantar as árbores, e así o fixemos cuns exemplares de carballo.

O CEIP "San Marcos" presente na mostra "En Defensa do Poleiro" no IES de Celanova

08/04/2011 13:49
Atlantic/Bermuda

Dentro da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Terras de Celanova - Baixa Limia da que o CEIP "San Marcos" forma parte, aproveitando a xuntanza de escritores e escritoras galegos no IES de Celanova "En Defensa do Poleiro" o sábado 9 de abril a partires das 12:00 h. preséntase a mostra "Botella ao mar en prol do Galego", na que participamos cunha montaxe audiovisual na que alumnos e alumnas dan as súas razóns de porqué falan galego. 

 

Concurso "Xiz" de "V Televisión"

02/03/2011 10:58
Atlantic/Bermuda

O pasado 28 de marzo puidemos ver en V Televisión, no concurso "Xiz" a Samuel e Jose en acción. Aínda que lle puxeron tódalas gañas os vencedores resultaron ser os compañeiros e veciños do CEIP de Astariz. Dende aquí unha vez máis (compartimos o bus na viaxe da gravación do programa) desexarlles moita sorte na súa andaina no programa. 

O público animando aos rapaces de Cartelle

O CURSO 2009-2010 EN IMAXES

UNHA FORMA DIFERENTE DE DEPORTE ESCOLAR

O martes 25 de maio os alumnos de 2º e 3º ciclo participaron nunha xornada lúdico-recreativa no colexio de Ramirás con outros coles da provincia. Practicaron diferentes xogos coa particularidade de que en cada equipo había mesturados alumnos de todos os coles. A experiencia resultou un éxito.

VER MÁIS FOTOS. 

 


CAMPIONATO DE REMO EN CASTRELO DE MIÑO

O martes 1 de xuño os alumnos de 6º asistiron á fase final do compionato de remo indoor (en ergómetro) no Clube Náutico de Castrelo de Miño, dentro do programa “Vogar na escola, campións do Ribeiro 2010” Había moito nivel, pero aínda así Cristina clasificouse para a final. Ademais, cada un obtivo un diploma pola súa participación.

Para saber máis sobre este campionato e ver fotos clica aquí.

Se queres saber máis sobre o Clube Náutico clica aquí.

VER FOTOS dos nosos participantes!

VIDEO SOBRE A CAMPAÑA DE AXUDA A HAITÍ.

Aquí podedes ver o vídeo que elaboramos sobre a campaña de axuda a Haití. O vídeo inclúe a canción Comigo podes contar, interpretada por alumnos co colexio.

Adicado a todos os que nos axudaron desinteresadamente.

DÍA DA PAZ 2010

O pasado luns 1 de febreiro celebramos o día da Paz elaborando entre todos unha pomba que se pode ver no recibidor do colexio. Tamén cantamos e representamos a canción "Comigo podes contar", guiados pola guitarra da profe Charo.

Moi pronto poderedes escoitar esta canción nesta mesma páxina. ¡Estade atentos!

Preme aquí para ver as fotos .

GRAZAS CARTELLE

CAMPAÑA DE AXUDA A HAITÍ

Dende o colexio quixemos aportar o noso graíño de area para axudar a Haití. Por iso, os rapaces do centro participaron na confección de fermosas e orixinais flores de cartón que posteriormente venderon con moito éxito na feira do pasado xoves 4 de febreiro. A recadación final superou os 800 euros, que serán ingresados nunha conta da Cruz Vermella.

Queremos agradecer ós rapaces e a toda a xente do concello que dun xeito ou doutro, colaborou na recadación de fondos para axudar ó pobo haitiano.

VER FOTOS

Día do peón: polo San Martiño... trompos ó camiño.

O mércores 11 de novembro celebramos o día do peón. ¡E ata os máis pequenos se animaron a lanzar as súas buxainas!Preme para ver as fotos.

NOVAS

PREME AQUÍ PARA VER AS IMAXES DE MANZANEDA

Distribuir contido


by Dr. Radut