Un ano máis a través da biblioteca levouse a cabo unha actividade de animación á lectura chamada “As familias tamén contan”. Nesta actividade os alumnos/as acompañados por algún familiar contábanlle ao resto dos seus compañeiros/as un conto. Neste curso tivemos a visita da familia de Aurora e Inés, que viñeron acompañadas pola súa nai. Contáronnos os contos: “As redes de Inés” de Elvira Riveiro, “Inés del revés” de Anita Jeram e “Un rato díxolle á lúa” de Antonio García Teijeiro.
Un ano máis participamos no Festival de Teatro en Bande.
Este ano aproveitando o proxecto “O sabor da aventura está no mar”, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º interpretaron unha obra mariñeira titulada:“Os pescadores e a serea”
Despois da función de teatro aproveitamos que estabamos en Bande e fomos ao museo de Aquís Querquennis. Rematamos o día cun xantar campestre.
Como cada ano celebramos A Semana Escolar da Auga e da Árbore coa plantación dunha árbore no patio do noso colexio. Este ano plantamos a “Ambrosio”, un bidueiro.
Grazas ao proxecto no que estamos sumerxidos os nenos/as de Primaria realizaron unha excursión no mes de febreiro a Baiona onde visitaron a Casa da navegación, o porto pesqueiro e a lonxa de Baiona.
A visita rematou cunha saborosísima merenda mariñeira!
Pica na foto para ver o ben que o pasamos e canto aprendimos sobre o mundo do mar e da pesca.