Skip to Content

Curso 2017-2018

BÁDMINTON

O 4 de maio os alumnos/as participaron nos torneos de Bádminton en Rámiras.

Parabens a todos os participantes e en especial a categoría masculina xuvenil que quedaron subcampións.

MERCADILLO DE LIBROS

Co motivo do Día do Libro levamos a cabo un mercadillo de libros no colexio. Os alumnos/as trouxeron da súa casa un libro e a cambio recibiron un vale que lles permitía levar un libro novo.

 

Pica na foto para ver as fotos

DÍA DO LIBRO

                                      

Hoxe, 23 de abril, co motivo do día do libro recibimos a visita de Iria Iglesias e Dani Viéitez.

Viñeron a explicarnos como se fai un libro e contáronnos o conto de "Pilonga e Amanito".

Despois do recreo levamos a cabo a actividade de "Apadriña un lector" onde o alumnado de 4º, 5º e 6º léronlles uns contos aos demais nenos/as distribuídos por todo o patio.

Se queredes ver as fotos pica aquí.

 

 

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

A través da biblioteca empezamos un programa de animación á lectura chamado "As familias tamén contan". Os nensos/nenas, acompañados por un familiar, cóntanlles aos seus compañeiros un conto.

A semana pasada tivemos a visita de Iria, a mamá de Inés (5º EI) e de Aurora (2º EP).

Inés coa axuda de mamá contoulles aos seus compañeiros o conto de "Que che gustaría ser" de Arianna Papini.

  

                                      

 

Aurora atreveuse cun conto en inglés: "Amelia wants a dog" de Tim Bowley. Ela e a súa nai fixérono moi ben!

                     

Pica na foto para ver as fotos.

Se queredes ver un anaco do conto que contou Aurora pica nas seguintes ligazóns:

"Amelia wants a dog" part I

"Amelia wants a dog" part II

 

 

VAMOS Á FEIRA

O mércores 18 de abril, os alumnos/as de 4º, 5º e 6º subiron á feira de Cartelle a vender doces caseiros para recaudar fondos para as excursións de fin de curso. Os maís peques do cole aproveitaron a ocasión e tamén subiron á feira a mercar as súas merendas e así contribuír ás ventas.

Foi todo un éxito!  Parabens aos alumnos/as polo seu gran esforzo e traballo.

Moitas grazas ás familias por colaborar e facer uns doces riquísimos e aos veciños que viñeron a mercar.

Pica na imaxe para ver as fotos

 

 

EASTER

O venres 23 de marzo recibimos unha visita moi especial.

"The Easter Bunny" (o coelliño de pascua) pasou polo noso cole e deixounos escondidos unha chea de ovos de pascua. Pásamolo moi ben buscándoos por todo o colexio.

DÍA DA ÁRBORE

DEPORTE ESCOLAR

FÚTBOL SALA

Parabens a todos/as os participantes de fútbol sala polo seu esforzo e dedicación e unha felicitación especial aos benxamíns, gañadores do trofeo subcampións comarcais.

Pica na imaxe para ver máis fotos.

ENTROIDO

Pica nas seguintes ligazóns para ver as fotos do entroido.

 

Axiña colgaremos os vídeos do desfile no noso canle de Youtube.

DÍA DA PAZ

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia cun acto moi bonito.

Escoitamos un fermoso poema de Paz recitado polos alumnos/as de 4º, 5º e 6º.

Os alumnos/as de 3º explicáronnos que farían eles pola paz e entre todos contruímos o noso muro de cosas bonitas con mensaxes  e palabras de Paz.

Rematamos o acto cantando unha fermosa canción.

Xa nas clases recibimos a visita dos nenos e nenas de Infantil que nos agasallaron cun montón de apertas.

Tamén anunciamos os gañadores da Xincana de Paz. Parabens a Aurora Rodríguez (2º) e a Daniel Sandá (4ª)

Se queredes ver as fotos preme no noso muro da Paz.

Para ver o vídeo da canción preme na ligazón a continuación.

https://www.youtube.com/watch?v=1fxK86Z-0m0&t=4s

NADAL

Durante todo o mes de decembro respirábase ambiente de Nadal no colexio. Os pasillos e portas estaban adornadas con motivos do Nadal; con moita ilusión os nenos/as escribían as súas cartas a Papá Noel e a aos Reis Magos, e deixábanllas nos buzóns para que foran recollidos polas propias maxestades en persoa.

Finalmente chegou o gran día, na que recibimos a visita dos Reis Magos. Con eles trouxéronnos moitos agasallos e  poidemos entregarlles as nosas cartas.

Para rematar o día todos os nenos/as participamos nun obradoiro de cociña onde fixemos doces con follado, chocolate e marmelada de amorodos que acompañamos cun chocolatiño ben quente. E por suposto non poideron faltar as panxoliñas que cantamos para os nosos pais.

Se queredes ver as fotos pinchade aquí

QUE PASADES FELICES FESTAS E VÉMONOS O LUNS 8 DE XANEIRO CON MOITAS GANAS DE SEGUIR TRABALLANDO

Axiña colgaremos o vídeo de felicitación de Nadal feito por todos os alumnos/as.

SORTEO CESTA NADAL

Parabéns a Pamela (mamá de Zuleyma) a gañadora da cesta de Nadal!

      

GAÑADORES POSTAIS NADAL

Xa temos os gañadores do concuso de tarxetas de Nadal!

Parabéns a Ainara (4º de EI), Damián (6º de EI), Elia (2º de EP) e Iván Pardavila (5º de EP)

    

Iván non estaba, así que recolleu o premio a súa nai.

MAGOSTO

O venres 10 de novembro celebramos o Magosto.

No patio do colexio poidemos degustar doces caseiros feitos con produtos típicos do outono. Queremos dar as grazas a todas as familias pola vosa colaboración, todos os doces estaban riquísimos Canso Puxémonos as botas! Despois para baixar todo o que comemos participamos nunha sesión de xogos populares.

Claro, quedamos tan cansos que houbo que repor forzas cunha gran comida a base de churrasco e chourizos con pan.

Pola tarde non puido faltar a degustación de castañas que asamos no patio do colexio e que poidemos compartir e degustar cos nosos pais. E como non, volvemos atacar neses saborosísimos doces que aínda quedaban.

Foi un día para lembrar!

Se queredes ver as fotos de todo o que fixemos pincha na imaxe.

HALLOWEEN

O martes 31 de outubro celebrouse un dos días máis terroríficos: Halloween.  Os pasillos e a entrada do colexio estaban cheo de cabazas, esqueletos, arañas e outras criaturas escalofriantes. Candeas alumeaban o camiño á biblioteca e alí agardaba unha terrible bruxa que invitaba a entrar aos alumos/as a pasar moito medo. Unha vez dentro, os alumnos/as de 6º contáronnos o conto de "Corre, corre cabaciña". A continuación vimos unha peli de moito medo. Finalmente rematamos o día cun obradoiro de elaboración de caretas e outro de maquillaxe terrorífico. 

Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut