Skip to Content

Curso 2014-2015

Participación no almanaque 2015 da Coordinadora Comarcal EDL Terra de Celanova - Baixa Limia.

01/02/2015 18:34
Atlantic/Bermuda

Continuando coa nosa participación activa na Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Terra de Celanova - Baixa Limia, preparando o almanaque do 2015 escollemos unha imaxe que recolle unha escea dunha laboura agrícola ben coñecida, a vendima.

Recoñecedes a protagonista?

 

Deporte escolar.

01/02/2015 18:25
Atlantic/Bermuda

Unhas carreiriñas campo a través?

Participación na fase de deporte escolar en campo a través realizada en Muiños.

Incrible lugar e incrible ambiente cos nos@s veciñ@s de Ramirás, Celanova, Bande...

Festival de Nadal 2014

01/02/2015 18:07
Atlantic/Bermuda

É que non o podemos resistir! Cantar, tocar, o escenario...

Un festival mais, nesta ocasión correspondente ao Nadal 2014.

Panxiloñas, agasallos, cestas de Nadal e... visita Real!!!

 

Manualidades de Nadal.

01/02/2015 17:59
Atlantic/Bermuda

Preparando a chegada do Nadal.

Realización e exposición de manualidades de Nadal.

É que somos uns/unhas artistas!

Estamos de magosto!!!

01/02/2015 16:47
Atlantic/Bermuda

Unha das festas tradicionais na que mellor o pasamos: O Magosto!

Non faltaron á cita a costela, o chourizo, os xogos populares e a fogueira para asar as castañas e despois escurecer as cariñas!

Xeniais momentos de convivencia da comunidade escolar do CEIP "San Marcos".

 

 

 

 

O Día do Peón 2014

01/02/2015 16:38
Atlantic/Bermuda

Peóns, trompos, bailaretes... polo San Martiño, Peóns ao camiño!!!

Reivindicamos o xogo tradicional unha ocasión mais. Renovamos o noso mural do peón, lendo o manifesto do ano 2014 que publica Brinquedia, asociación galega para a conservación, recuparación e fomento do xogo tradicional.

E por suposto, bailamos os peóns!

 

Contacontos!

01/02/2015 16:21
Atlantic/Bermuda

Vivimos por partida dobre sesións de Contacontos.

Trasladamos as grazas nun caso á editorial colaboradora e no outro a Elisabeth, que estando en Cartelle visitounos para coñecernos e achegarnos o xenuino xeito americano.

Grazas! 

Charla sobre Axuda Humanitaria.

01/02/2015 14:38
Atlantic/Bermuda

Son varias as accións solidarias que realizamos no cole acotío: recollida de tapóns, operación "kilo", recollida de roupa usada...

Coñecimos de primeira man a laboura dun misioneiro en paises suramericanos en zonas de especial necesidade.

Bravo!

Imos ao teatro!

01/02/2015 14:30
Atlantic/Bermuda

Acudimos ao Auditorio Municipal de Ourense para asistir á representación teatral de "Antía, Wamba e o regato pequeno". Que ben o pasamos!

Contos escenificados, mensaxe de amizade, respecto e solidaridade!

Convivencia Samaín Ramirás-Cartelle

21/11/2014 18:10
Atlantic/Bermuda

Atendendo a invitación d@s nos@s compañeir@s do CEIP "Rogelio García Yáñez" de Ramirás, vivimos unha xornada de Samaín inesquecible. Non faltaron os sustos no "túnel do medo", os obradoiros de manualidades, os xogos, as apócemas...

Grazas Ramirás!

 

 

Mes do medo na Biblioteca

21/11/2014 18:06
Atlantic/Bermuda

Chegou o mes do medo ao noso colexio. Xunto co Samaín apareceron terroríficas lecturas na Biblioteca.

Visita ao Auditorio Municipal en Outomuro.

19/11/2014 13:28
Atlantic/Bermuda

Pasamos polo Auditorio Municipal de Outomuro para ver as exposicións fotográficas de Médicos Sen Fronteiras e Paisaxes Galegas.

 

BENVID@S AO CURSO 2014-2015

19/11/2014 13:19
Atlantic/Bermuda

COMEZA O NOVO CURSO 2014-2015!

Distribuir contido


by Dr. Radut