Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Decembro 17, 2013 »
Mar
Start: 17/12/2013 10:59

Co motivo da celebración o 24 de outubro do día da Biblioteca, cada nen@ fixo unha recomendación dun dos últimos libros, contos que máis lle gustara. A posta en común foi un mural moi colorido.


Start: 17/12/2013 11:00

Chegou o Samaín! Na biblioteca hai unha selección de lecturas, contos, e historias para arrepiarse co moitísimo medo que dan!

Start: 17/12/2013 11:16


Por segunda ocasión realizamos no colexio a actividade "Nunca sen almorzo". Promovida pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense, recordamos unha vez máis a importancia de facer un bo e adecuado almorzo polas mañás.


Ao ser o centro no que se iniciaba este curso a campaña, estiveron presentes Rogelio Martínez, delegado da Xunta en Ourense, María Villar, xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, e Carmen Leyte, alcaldesa de Cartelle. Un bo número de nais, pais e titores tamén acompañaron aos rapaces e rapazas tanto na charla previa, coma no almorzo que se realizou a continuación.


E recordádeo: Nunca sen almorzo! 


 


 

Start: 17/12/2013 11:40

Descubrindo o entorno natural cercano ao centro realizamos unha andaina pola "Ruta do Río Gato". No seu tramo final o río Gato vai serpenteando a pouca distancia do pobo de Madarnás, preto de Cartelle, para despois "mansamente" fundirse no Arnoia.


Unha experiencia xenial que vos recomendamos!


 

Distribuir contido


by Dr. Radut