17/12/2013 11:16
Etc/GMT+1
Por segunda ocasión realizamos no colexio a actividade "Nunca sen almorzo". Promovida pola Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense, recordamos unha vez máis a importancia de facer un bo e adecuado almorzo polas mañás.
Ao ser o centro no que se iniciaba este curso a campaña, estiveron presentes Rogelio Martínez, delegado da Xunta en Ourense, María Villar, xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, e Carmen Leyte, alcaldesa de Cartelle. Un bo número de nais, pais e titores tamén acompañaron aos rapaces e rapazas tanto na charla previa, coma no almorzo que se realizou a continuación.
E recordádeo: Nunca sen almorzo!