BENVIDO, ENTROIDO!

Chegou o ansiado Entroido! Despois dunha semana chea de perrucas, sombreiros e orellas de todo tipo; gravatas, colares e boas; mantelos de todas as cores para impresionar a Rosalía; zapatos e calcetíns de todas as formas posibles e moito máis, chegou o gran día! 

Despedímonos por uns días e damos a benvida ao Entroido cunha coreografía ao son das Tanxugueiras que todo o alumnado preparou con moita ilusión e esforzo. Aquí vos deixamos cun vídeo e cunhas imaxes do gran momento. Parabéns a todos e a todas polo ben que o fixestes!!

Que viva o Entroido e a diversión e... vémonos á volta coas pilas cargadas!

TEMPO DE ENTROIDO

Chegou o Entroido e, con el, os mandadiños do Meco! Nesta próxima semana porémonos ás súas ordes para festexar este tempo tan divertido e especial. Para que vos vaiades preparando, aquí van os mandados deste ano:


PAZ: pedímola e celebrámola

Como cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nós manifestamos os nosos desexos de paz cantando todos xuntos e todas xuntas a canción Eu teño alguén, coa nosa voz e tamén en lingua de signos! 

Ademais, enchimos a escola de mensaxes pola paz e de rexeitamento á violencia, reflexionamos sobre as nosas propias actitudes e sobre como podemos aportar o noso gran de area para facer do mundo un lugar seguro para todos e todas. 


Aquí vos deixamos os traballos dos nenos e nenas do Sagrado Corazón (que non foron poucos!), nos que puxeron moito esforzo e, sobre todo, sentimento. Grazas a tod@s! 

 

 

Iniciar sesión: Acceso