Despois dun curso no que tivemos que pasar por unha situación das máis raras e complexas nas nosas vidas, e como non, nas nosas escolas, so nos queda felicitarvos porque estivestes á altura e superastes un importante reto, non exento de esforzo.
O equipo da Biblioteca queremos dar as grazas a todo o alumnado, profesorado e familias pola vosa colaboración . O ensino non se entendería sen todas as vosas achegas.
Agora toca un merecido descanso no que non esquezades acompañarvos dunha boa lectura que fará voar a vosa imaxinación.
Boa lectura e bo verán.
Aquí vos deixo o xornal O Papagaio do mes de xuño.
Pincha no enlace para ver:
https://www.flipsnack.com/edicionsmoitoconto/o-papagaio-9-xu-o.html
Neste día, 5 de Xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, achegámosvos algúns dos traballos que fixestes para o Proxecto Interdisciplinar da Biblioteca: AMIGOS DO PLANETA.
Nenos e nenas de 4 anos.
Alumnado de quinto de Primaria.
Alumnado de Terceiro A
Alumnado de Terceiro B
Tocamos as latas polo Medioambiente.
Pincha no enlace:
https://drive.google.com/drive/folders/
1d5Xe_2F-hbgmAT_Xn8tpDDJuEgBKCIP-?usp=sharing
Que estamos a facer cada un de nós polo Medioambiente?
Algunhas ideas para reflexionar: Eco-Ideas de Adega. Pincha no seguinte enlace:
https://euficonacasa.adega.gal/
Libros para traballar o respecto ao medio ambiente. (Pincha na seguinte dirección):
https://www.educaciontrespuntocero.
com/libros/libros-medioambiente/
Podes participar no Eco Retos para saber se axudas a coidar o Medioambiente.
"Carola Mascarilla" conto escrito por Ángeles González Sinde sobre unha nena perplexa con tan "incómodo complemento".