blogue detic
CONTOS INVENTADOS
Enviado por tic o Lun, 07/11/2022 - 05:45Seguindo coa celebración de Samaín, o alumnado do centro inventou, xunto cos seus compañeiros de clase, un conto de medo a partires dun sonograma (secuencia de sons)
Podédelos escoitar no seguinte enlace.
http://ivoox.com/microrrelatos-do-sonograma-samain-aidios-mp3_rf_95374978_1.html
Ides ter moitísimo MEEEDOOOO!!!
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Enviado por tic o Xov, 03/11/2022 - 05:49Co traballo dos alumnos e alumnas e as súas familias, organizamos na entrada do colexio unh a exposición de cabaza con motivo de Samaín.
Non teñen desperdicio! son marabillosas e... terroríficas á vez.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Enviado por tic o Xov, 03/11/2022 - 05:46Co traballo dos alumnos e alumnas xunto coas súas familias, organizouse unha exposición de cabazas na entrada do colexio: Non ten desperdicio! Son marabillosas e terroríficas.
TERRORÍFICAS DE SAMAÍN
Enviado por tic o Mér, 02/11/2022 - 05:53O alumnado do centro elaborou este mural con algunhas escritoras de contos de medo.
Un traballo terrorífico!
Actividades de Samaín/Halloween
Enviado por tic o Ven, 28/10/2022 - 07:42Actividades de Samín e de Halloween
Enviado por tic o Ven, 28/10/2022 - 07:40BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23
Enviado por tic o Ven, 28/10/2022 - 07:07
Xa está activo o blogue da nosa biblioteca! Ainda que estamos reorganizando a nosa biblioteca as actividades dende ela non paran de xurdir.
Estade moi atentos!
BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23
Enviado por tic o Ven, 28/10/2022 - 07:02
Xa está en funcionamento o blogue da nosa biblioteca!
Estamos reorganizando a biblioteca do CEIP Sagrado Corazón, pero non por iso deixamos de organizar actividades dende ela.
Estade moi atentos!
Benvido, verán!
Enviado por tic o Mar, 21/06/2022 - 20:02Vale, vale... Non semella verán, pero xuramos que si que o é! Chegamos ao derradeiro día do curso... Así de rápido!
O curso 2021-2022 foi, sen dúbida, do máis especial: recordarémolo sempre como o curso no que estreamos escola e aquel no que por fin puidemos volver vernos os sorrisos, abrazarnos e xogar xuntos! É un bo balance de fin de curso, non é?
Aquí vos deixamos a revista escolar, O Golpe, con algunhas das actividades que fixemos este ano, para que vaiades facendo memoria e tamén collendo ideas para o curso que vén. Xa podedes estar orgullosos e orgullosas de todo o que conseguistes!
Moitos parabéns a todo o alumnado, profesorado e toda a comunidade educativa. A todos e a todas, moi felices vacacións! Vémonos nuns mesiños!
O cuco, cuco, cuqueiro
Enviado por tic o Dom, 05/06/2022 - 06:10Hai unhas semanas as nenas e os nenos de 6º de EI foron os protagonistas dunha actividade ben chula para achegarse á tradicional celebración dos maios.
Entre todos construíron, con moito traballo, un fermoso maio para a nosa escola e logo cantaron e tocaron O cuco.
Aquí podedes ver como construíron e como quedou o maio e aquí, un vídeo deles festexando!
Amor polas letras
Enviado por tic o Dom, 08/05/2022 - 07:28Por estas datas andamos a celebrar o moito que desfrutamos coa literatura, cos contos, coas historias, cos poemas, co teatro... Ben sexa escoitando, lendo, contando ou inventando as nosas propias historias, os nenos e as nenas do Sagrado Corazón teñen moi claro que a literatura pode transportarnos a lugares fantásticos e ser o noso mellor refuxio.
E é que, como ben sabedes, hai pouco conmemorabamos o Día do Libro e esta semana comezamos, nin máis nin menos, coa Semana das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Florencio Delgado Gurriarán (1903 -1987) e ao longo dos próximos días dedicarémonos a coñecer a súa vida e obra para unírmonos a esta homenaxe e celebrar a nosa cultura.
Aquí vos deixamos unha chea de imaxes das moitas actividades que fixemos polo Día do Libro para que lles botedes un ollo!
Pronto informaremos de todo o que fixemos polas Letras Galegas!
8 de Marzo: Día Internacional da Muller
Enviado por tic o Dom, 13/03/2022 - 07:22O pasado martes, 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. Sen dúbida, unha das datas que con máis importancia marcamos no calendario.
As nosas nenos e nenas destacaron o gran papel que as súas nais, avoas, tías e irmás teñen nas súas vidas; investigaron e aprenderon sobre mulleres pioneiras que fixeron e fan historia e tamén expresaron os seus desexos por un mundo libre de desigualdade.
A educación é a ferramenta para conseguir unha sociedade mellor para todos e todas, no que as mulleres poidamos ter os mesmos dereitos que os homes e poidamos vivir sen medo.
Aquí vos deixamos algúns dos traballos dos que vos falamos:
Por que todos os días do ano demos ás mulleres o valor que realmente merecen!
BENVIDO, ENTROIDO!
Enviado por tic o Sáb, 26/02/2022 - 12:04Chegou o ansiado Entroido! Despois dunha semana chea de perrucas, sombreiros e orellas de todo tipo; gravatas, colares e boas; mantelos de todas as cores para impresionar a Rosalía; zapatos e calcetíns de todas as formas posibles e moito máis, chegou o gran día!
Despedímonos por uns días e damos a benvida ao Entroido cunha coreografía ao son das Tanxugueiras que todo o alumnado preparou con moita ilusión e esforzo. Aquí vos deixamos cun vídeo e cunhas imaxes do gran momento. Parabéns a todos e a todas polo ben que o fixestes!!
Que viva o Entroido e a diversión e... vémonos á volta coas pilas cargadas!
BENVIDO, ENTROIDO!
Enviado por tic o Sáb, 26/02/2022 - 11:59Chegou o ansiado Entroido e, despois dunha semana de sombreiros, perrucas e orellas de todo tipo; mantelos de mil cores; colares, bufandas, e grabatas; e calcetíns e zapatos do máis curiosos, despedímonos por todo o alto cunha coreografía ao son das Tanxugueiras que todos e todas prepararon con moita ilusión e ganas.
Aquí vos deixamos o vídeo e unhas cantas imaxes do gran momento. Parabéns a todos e a todas!
Que viva o Entroido e a diversión e... vémonos á volta coas pilas cargadas!
TEMPO DE ENTROIDO
Enviado por tic o Sáb, 19/02/2022 - 08:42Chegou o Entroido e, con el, os mandadiños do Meco! Nesta próxima semana porémonos ás súas ordes para festexar este tempo tan divertido e especial. Para que vos vaiades preparando, aquí van os mandados deste ano:
PAZ: pedímola e celebrámola
Enviado por tic o Dom, 06/02/2022 - 16:08Como cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nós manifestamos os nosos desexos de paz cantando todos xuntos e todas xuntas a canción Eu teño alguén, coa nosa voz e tamén en lingua de signos!
Ademais, enchimos a escola de mensaxes pola paz e de rexeitamento á violencia, reflexionamos sobre as nosas propias actitudes e sobre como podemos aportar o noso gran de area para facer do mundo un lugar seguro para todos e todas.
Aquí vos deixamos os traballos dos nenos e nenas do Sagrado Corazón (que non foron poucos!), nos que puxeron moito esforzo e, sobre todo, sentimento. Grazas a tod@s!
Contos pola igualdade
Enviado por tic o Ven, 10/12/2021 - 14:57A literatura é un dos mellores camiños para aprender valores, así que na nosa biblioteca tivemos ultimamente unha selección especial de libros sobre igualdade que puidemos ler na aula e tamén levar para a casa.
O conto Rosa Caramelo, de Adela Turín, ensínanos que a igualdade é o que nos fai libres e anímanos a rachar cos estereotipos para ser nós mesmas/os. Ollade para aquí que debuxos tan bonitos fixeron as e os artistas de 6° de EI para ilustrar esta historia tan valiosa.
25 N
Enviado por tic o Lun, 29/11/2021 - 14:29O pasado xoves, 25 de novembro, foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día que oxalá non estivese marcado no calendario.
Nos días previos enchimos a escola de bolboretas lilas e mensaxes pola igualdade, o bo amor, a liberdade de nenas e mulleres e o rexeitamento da violencia contra elas. Puxemos os lentes violetas non só de forma figurada, tamén saímos con eles postos ao patio para cantar ben alto La Puerta Violeta de Rozalén, un himno contra a violencia de xénero. Aquí podedes ver un pequeno vídeo que o mostra.
Seguiremos educando e loitando día tras día por un mundo no que as nenas e as mulleres non vivan con medo por mor de selo, e no que os homes respecten a liberdade e os corpos das mulleres e nenas.
Querémonos vivas!
Samaín 2021
Enviado por tic o Sáb, 13/11/2021 - 11:32Durante a última semana de outubro, a nosa escola, máis que unha escola, semellaba unha casa encantada... Cabazas, morcegos, esqueletes, teas de araña, pantasmas e meigas rondaban polos corredores coa chegada do Samaín e do Halloween. Para que se sentisen como en casa, fixemos unha chea de actividades coas que todos os nenos e nenas do Sagrado Corazón desfrutaron un montón:
- Fixemos un concurso-exposición de cabazas na entrada do cole, inspirándonos en historias e contos, as "Cabazas literarias".
- Compartimos experiencias misteriosas e supersticións que aconteceron na realidade.
- Decoramos as aulas e corredores.
- Elaboramos as nosas propias pocións cos seus conxuros.
- Contamos historias de medo e inventamos as nosas propias historias.
- Traballamos con películas, literatura e cancións sobre estas festas.
- Os nenos e nenas de infantil desfrutaron dunha sesión de contacontos terrorífica a cargo dos nenos e nenas de 6º de primaria.
- E tivemos na biblioteca unha sección moi especial.
Aquí podedes ver imaxes dalgunhas destas actividades.
En definitiva... que o pasamos de medo e desfrutamos aprendendo!
BENQUERIDO SAGRADO CORAZÓN
Enviado por tic o Mar, 22/06/2021 - 04:00GRAZAS SAGRADO POR LEVARNOS DA MAN NA ÉPOCA MÁIS TENRA DAS NOSAS VIDAS, POR OFRECERNOS TANTAS E VARIADAS OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXES, POR DARNOS ALEGRÍAS, XOGOS, AMIZADES DE POR VIDA.
DESPEDIMOS UN ESPAZO DE VIDA EDUCATIVA PARA DAR A BENVIDA A UNHA NOVA ETAPA: SAGRADO CORAZÓN, VÉMONOS Á VOLTA DO VERÁN, ABRE AS PORTAS AMARELAS PARA SEGUIR APRENDENDO, VIVINDO E GOZANDO AO TEU AMPARO.
FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!!
REVISTA O GOLPE
Enviado por tic o Lun, 21/06/2021 - 21:19
XELA ARIAS: LETRAS GALEGAS 2021
Enviado por tic o Ven, 14/05/2021 - 04:20Aquí remata esta semana de lecturas para mergullarnos na obra e vida de Xela Arias, poeta, tradutora, escritora ... nai de Darío.
Queda agora desfrutar e celebrar as Letras Galegas, as nosas letras, este 17 de Maio e todos os días do ano e, como a Xeliña, falar galego, ler en galego.
Os nosos nenos e nenas xa o fan, e fano de maravilla. Poidémolo comprobar estes días de lecturas na biblioteca xunta o Xela, a carón de Xela, cos textos de Xela.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
A XELIÑA FALA GALEGO
Enviado por tic o Mér, 12/05/2021 - 05:41ESTAMOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS É A SÚA PROTAGONISTA.
MERGULLÁMONOS NOS SEUS ESCRITOS. LEMOS, LEMOS E LEMOS LIBROS, POEMAS, OS SEUS CONTOS DE NENA, OS CONTOS QUE TRADUCIU.
LEMOS E LEMOS. A BIBLIOTECA É O NOSO LUGAR.
AS BRUXAS, DE ROALD DAHL,CON TRADUCIÓN DE XELA ARIAS, É O PUNTO DE PARTIDA.
TODO, TODO ESTÁ NOS LIBROS
Enviado por tic o Lun, 10/05/2021 - 05:22ASÍ FOI COMO CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO: LENDO OS NOSOS LIBROS FAVORITOS.
LIBROS E LIBROS A MOREAS PARA PODER CHEGAR ATA O ÚLTIMO CONFÍN. LIBROS CHEOS DE HISTORIAS, DE LUGARES A VISITAR, DE PAIXASES POR DESCUBRIR E SENSACIÓNS POR EXPERIMENTAR.
UN LIBRO, A MELLOR MANEIRA DE VIAXAR!!
23 DE ABRIL: UN LIBRO, A MELLOR FORMA DE VIAXAR
Enviado por tic o Ven, 23/04/2021 - 04:18
No Día Libro, nestes tempos e, sempre, os libros son a mellor maneira de coñecer o mundo.
Cada libro unha historia, un país, unha cidade, un barrio. Cada libro, unha apaixoante aventura por vivir, múltiples sensacións a experimentar.
Cada libro, unha forma de chegar ata o último confín da terra, historias inimaxinables acontecerán.
Celebramos este día co noso libro preferido para deixar voar o noso maxín, para percorrer o mundo enteiro ¡!
Collamos o noso libro preferido e deixémonos levar polo mundo!!
Aló imos!!..
ARTE POR ARTE
Enviado por tic o Xov, 25/03/2021 - 05:43O 21 de marzo celebramos o día da POESÍA.
En 6º E.P. no Taller de Escritura que fan tódalas semanas, aprenden diferentes técnicas de escritura e, por suposto, escriben … pero tamén aprenden a gozar da arte, a percibir tódalas sensacións que a cada un e unha nos transmite calquera obra de arte.
Nesta ocasión, serviu como excusa de escritura unha pintura de Van Gogh, A noite estrelada. Observárona, sentírona e, mesmo, se arriscaron a facer a súa versión de "Noite Estrelada".
Este traballo foi o punto de partida para a inspiración e comezar a escribir...
E, escribiron poesía porque poesía é sentimento, emoción, agarimo… arte en definitiva…
Nenos e nenas de 6ºB fixéron un poema colectivo á poesía… Cada un escribiu un verso… para nós POESÍA.
Velaquí está o resultado deste proceso creativo:
ARTE POR ARTE