Legolingua 23/24
Chromas 5ºA e 5ºB
Durante o terceiro trimestre, os alumnos e alumnas de 5º estivemos traballando o audiovisual na área de Plástica. Empregamos o Chroma como técnica audiovisual e creamos un vídeo conxunto por aula con esta técnica. Disfrutamos moito realizándoos e aquí tedes o resultado. Mirade os vídeos e xa nos dicides.
Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Xogos tradicionais no barrio Sagrado Corazón en familia.
Hoxe presentamos a última actividade do proxecto "Te-Beo.Banda Integrada" e que pon fin a un traballo de varios meses, no que o noso alumnado coñeceu os xogos tradicionais e algunhas das discapacidades coas que nos atopamos na sociedade; co fin de lograr unha sociedade máis inclusiva e todos os nenos e nenas compartan xogos e tempos para que ninguén quede apartado.
Aquí podedes escoitar un podcast sobre os xogos tradicionais no barrio do Sagrado Corazón a través dunha pequena historia e contada por alumnado e principalmente algunhas familias de diferentes xeracións.
Esperamos sexa do voso agrado e queremos agradecer dun xeito especial as familias que colaboraron mandando os seus audios. Grazas!
FAMILIAS LECTORAS
Hoxe recibimos no colexio a MARÍA, que vou contarnos o conto "LA CEBRA CAMILA", una historia de María Núñez sobre una peculiar cebra. O pasamos xenial coa actividade que nos preparou; moitas grazas!
Saída Educación Infantil
O alumnado de Educación Infantil, de 4 e 5 anos, realizó unha saída ao Museo Provincial.
Saída 1º Ciclo
O pasado venres o 1º ciclo de primaira realizou unha saída ao MUSEO ETNOGRÁFICO Y DE LA HISTORIA DE SAN PAIO DE NARLA no concello de Friol.
Proxecto TE-BEO.BANDAS INTEGRADAS. Fase 2
Rematada a 1ª fase onde o noso alumnado coñeceu as diferentes discapacidades: visuais, auditivas, motoras e intelectuais; pasamos a seguinte fase.
Cos coñecementos adquiridos, cada aula elexiu un xogo adaptado, adaptou un xogo tradicional ou creou unha axuda para que os nenos e nenas con estas discapacidades podan integrarse no patio do colexio e xogar cos seus compañeiros.
Invitamos a todoas as familias a ver a exposición na entrada da escola dos traballos realizados, dos que estamos moi orgullosos. Aquí tedes unha pequena mostra, aínda que merece a pena velo por vos mesmos.
Educación Infantil "Discapacidade Visual".
1º Ciclo de Educación Primaria "Discapacidade Auditiva"
2º Ciclo de Educación Primaria "Discapacidade motora"
3º Ciclo de Educación Primaria "Discapacidade intelectual"
EXPERIENCIAS FAMILIARES
Hoy recibimos la visita de BELTRÁN para contarnos como eran o xogosno barrio do Sagrado Corazón cando era pequeno, incluso como era o lugar sobre o que está o novo colexio. Así como a existencia da Asociación Xuvenil do barrio e a súa importancia, que nos prestou o xogo da RÁ . Posteriormente xogamos todos con el e ademais ás chapas, personalizadas por CLAUDIA e MATEO, moitas grazas polo detalle e por contarnos a túa experiencia!
FAMILIAS LECTORAS
Nesta semana recibimos a MIGUEL, que nos trouxo unha recopilación de contos e historias. Moitas grazas por visitarnos, pasámolo moi ben!
Os maios en Infantil
No mes de maio, o alumnado de 5 anos disfrutou da celebración desta festividade realizando un fermoso maio.
Tamén plantaron leitugas na parcela do patio dedicada a horto escolar.
Por último, todo o alumnado disfrutou dun pequeno concerto a cargo do grupo Horto Escolar. Pasámolo xenial!