Hoxe presentamos a última actividade do proxecto "Te-Beo.Banda Integrada" e que pon fin a un traballo de varios meses, no que o noso alumnado coñeceu os xogos tradicionais e algunhas das discapacidades coas que nos atopamos na sociedade; co fin de lograr unha sociedade máis inclusiva e todos os nenos e nenas compartan xogos e tempos para que ninguén quede apartado.
Aquí podedes escoitar un podcast sobre os xogos tradicionais no barrio do Sagrado Corazón a través dunha pequena historia e contada por alumnado e principalmente algunhas familias de diferentes xeracións.
Esperamos sexa do voso agrado e queremos agradecer dun xeito especial as familias que colaboraron mandando os seus audios. Grazas!